Recuperados en 2008 os premios literarios que desde os anos sesenta convocou O FACHO e nos que participaron ou gañaron muitos dos escritores e escritoras que hoxe fan posíbel con a sua obra unha literatura galega de calidade e de grande importancia nas letras universais, realizase a convocatoria para 2019 do Concurso Literario de Contos de Nenos para Nenos.
BASES DO CONCURSO
1. Poderán participar rapaces e raparigas que presenten as súas obras en Lingua galega. Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos en toda a súa extensión.
2. O prazo de admisión de orixinais finaliza o día 15 de Abril do 2019 ás doce da noite.
3. A apresentación de orixinais para o Concurso fará-se por correio postal dirixido à Asociación Cultural O FACHO, Apartado de Correios n.º 46, Oficina Principal. Podendo facer individualmente ou por medio do centro onde curse os seus estudos.
4. No caso en que sexan os centros escolares os que presenten os orixinais ao Concurso, deberán facer unha pre-selección dun máximo de dous traballos por categoría, calquera outro terá que ser apresentado individualmente.
5. As obras haberán de seren relatos orixinais e non estaren editados por ningún procedemento impreso ou electrónico, nin teren sido premiados en calquera outro concurso ou certame literario e en condicións para que os seus direitos de publicación podan ser cedidos à Asociación Cultural O FACHO por período de cinco anos contados a partir do día do fallo do xúri.
6. Para alén da orixinalidade literaria, o xúri valorizará a riqueza lingüística e o coñecemento gramatical reflectido nas obras. As obras presentadas debe estar escrita en lingua galega en calquera das tres normas ortográficas (Rag, Eo-Naviego, Reintegrado, Lusófona)
7. Estabelecen-se dúas categorías:
Categoría A: Nenos e nenas de 9 a 12 anos.
Categoría B: Rapaces e raparigas de 13 a 16 anos.
Os importes dos premios serán os que seguen:
Categoría A:
1º: 450.- € en efectivo, e unha valiosa biblioteca doada por diversas editoriais.
2º: 250.- € en efectivo, e unha valiosa biblioteca doada por diversas editoriais.
Categoría B:
1º: 450.- € en efectivo, e unha valiosa biblioteca doada por diversas editoriais.
2º: 250.- € en efectivo, e unha valiosa biblioteca doada por diversas editoriais.
Cada autor só poderá apresentar unha obra atendo-se aos seguintes limites de extensión:
Categoría A: Un máximo de cinco fólios.
Categoría B: Un máximo de dez fólios.
As obras haberán de se apresentar por triplicado, manuscritas ou mecanográficas, encadernadas ou grampadas e levarán por detrás do último folio os seguintes dados:
Nome e apelidos do autor/a.
Enderezo e telefone. Correio electrónico.
Centro onde cursa os seus estudos.
Categoría na que participa.
8. Os premios serán escollidos por un xúri designado pola Asociación Cultural O Facho en fallo que se fará público no mes de Maio.
9. O xúri poderá declarar deserto un ou varios dos premios do concurso e será o que deberá resolver aquelas situacións que se presenten e que non estean contempladas nestas bases, así cono as dubidas na sua interpretación.
10. A participación neste Concurso implica a aceptación das presentes bases.”