Ourense: “Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. (Entre)textualidades. Imaxes, textos e outras expresións artísticas”

O Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. (Entre)textualidades. Imaxes, textos e outras expresións artísticas é unha actividade coa que colabora a AELG ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O Ciclo, coordinado por Isabel Mociño (Facultade de Ciencias de Educación, Campus de Ourense – Universidade de Vigo), ten como obxectivo nesta quinta edición afondar no diálogo entre imaxe e texto e tamén en como a partir doutras expresións artísticas se configuran obras infantís.
Desenvolverase na Sala multiusos Emilia Pardo Bazán do Edificio Facultades do Campus As Lagoas (Ourense) da Universidade de Vigo, todos os martes do mes de outubro, días 1, 8, 15, 22 e 29, sempre ás 18:00.

Recoñecemento de 15 horas de créditos de libre elección  (en  proceso). Inscrición, gratuíta, en imocino@gmail.com.
Entrada libre.

Este é o programa:

1 de outubro
María Solar.
Do que eu escribo ao que ti les. Imaxes, interaccións e recursos no proceso narrativo infantil.

8 de outubro
Ánxela Gracián
Escribir coa memoria prestada.

15 de outubro
Fran Alonso
Palabras deseñadas.

22 de outubro
Jacobo Fernández Serrano
En que forno estaba o teu ?

29 de outubro
Jorge Campos
Explorando narrativas alternativas.