Bases do XV Certame de Narrativa Curta do Concello de Curtis

“Este é o punto de partida: un/unha extraterrestre chega ao noso planeta e pon por escrito as súas impresións sobre o que aquí acontece. O/A extraterrestre es ti, e debes sentirte libre para retratar os aspectos que queiras desta sociedade. Anímate!

BASES DO CERTAME DE NARRATIVA CURTA DO CONCELLO DE CURTIS

 “DIARIO MARCIANO”

1. Convócase o XV Premio de Narración Curta do Concello de Curtis “DIARIO MARCIANO. Queridx concursante extraterrestre, cóntanos que che parece este mundo”, dirixido a xente de calquera procedencia.
2. Os traballos presentados deberán estar escritos en lingua galega.
3. Os textos deberán ser orixinais, inéditos, e non premiados en ningún outro certame.
4. Deberán enviarse escritos en formato Word e cunha extensión comprendida entre os 3000 e os 5000 caracteres (espazos incluídos).
5. Enviaranse á seguinte dirección de correo electrónico: relatoscurtis@gmail.com
Achegarase, na última folla do mesmo documento de Word, unha copia escaneada do DNI, enderezo, teléfono de contacto, e a categoría á que pertence.
6. A data límite de entrega é o 20 de abril de 2020.
7. Establécense dúas categorías:
A- a partir dos 12 anos
B- dos 18 anos en diante
e dous premios en metálico para cada categoría:
Categoría A: 1º premio de 200 euros
2º premio de 100 euros
Categoría B: 1º premio de 350 euros (suxeitos ás retencións fiscais correspondentes)
2º premio de 150 euros
8. Os traballos que non cumpran as presentes bases quedarán fóra de concurso.
9. Os premios estarán suxeitos á retención oportuna que resulte da aplicación da lei vixente en materia de rendas de persoas físicas no momento da súa concesión.
10. O xurado, que estará composto por membros de recoñecido prestixio dentro do mundo da cultura, resérvase o dereito de outorgar un premio compartido en calquera das categorías se así o considera.
11. Os traballos premiados pasan a ser propiedade do Concello de Curtis, que se reserva o dereito de publicación a través dos medios que considere oportunos e sen afán de lucro.
12. Convidarase ás persoas premiadas ao acto de entrega que terá lugar no mes de xuño e no que se agarda a súa asistencia ou a dunha persoa autorizada.
13. A presentación das obras supón a aceptación destas bases.
Para calquera dúbida, escribir ao correo electrónico do certame: relatoscurtis@gmail.com ou chamar ao 651046603.”