A Coruña: Curso “Mellorando o uso da lingua”, con Xosé Manuel Sánchez Rei

Na A. C. Alexandre Bóveda da Coruña (Rúa Olmos, 16-18, 1º), vaise realizar un curso de formación de tres sesións, en horario de 19:45 a 21:00 h., baixo o título de Mellorando o uso da lingua, impartido por Xosé Manuel Sánchez Rei. Terá lugar os xoves 8, 15 e 22 de outubro, e será gratuíto, mais cómpre inscribirse no correo electrónico acab@mundo-r.com.
As súas sesións están pensadas para mellorar o uso do galego do punto de vista gramatical e lexical. Por iso, aínda que sexa aberto a todo o tipo de públicos, nortéase preferencialmente cara a aquelas persoas que xa empregan o noso idioma habitualmente, mais que queren aprimorar a gramática e o vocabulario.