Cando soa a buguina. Henrique Rivadulla “Corcón”

Desde Radiofusión:
Henrique Rivadulla “Corcón” vén de publicar na colección Merlín de Xerais o libro: Cando soa a buguina, que logra algo ben difícil, contar unha historia dramática para un público infantil e que esa historia resulte unha aventura, a través do xogo dos protagonistas. A Carme, nena de 9 anos, desaparécelle o pai no mar, nun naufraxio. Ela sabe que non volverá velo pero, co seu amigo Tonecho, buscan o lugar onde pode estar. A rapazada tamén sofre a traxedia do naufraxio. Esa busca equilibra a pena que trae a morte.
“A protagonista non quere ser o capitán Carmenciña senón a capitana Barrientos”. O carácter de Carme na obra de Rivadulla é o carácter das mulleres dos mariñeiros que, ante a súa ausencia, toman as rendas e gobernan a vida. Tamén é fermosa e natural a historia de amor entre os protagonistas. Rivadulla cita neste libro a diferentes autores galegos que escreben sobre o mar, como Fernández Naval ou Xurxo Souto, demostrando que o mar é moi literario, non so a paisaxe, que tamén, senón o traballo do mar. Se non existise o mar, non existiría a poesía.”
A entrevista pode escoitarse aquí.