Cando soa a buguina. Henrique Rivadulla “Corcón”

Desde Radiofusión:
Henrique Rivadulla “Corcón” vén de publicar na colección Merlín de Xerais o libro: Cando soa a buguina, que logra algo ben difícil, contar unha historia dramática para un público infantil e que esa historia resulte unha aventura, a través do xogo dos protagonistas. A Carme, nena de 9 anos, desaparécelle o pai no mar, nun naufraxio. Ela sabe que non volverá velo pero, co seu amigo Tonecho, buscan o lugar onde pode estar. A rapazada tamén sofre a traxedia do naufraxio. Esa busca equilibra a pena que trae a morte.
“A protagonista non quere ser o capitán Carmenciña senón a capitana Barrientos”. O carácter de Carme na obra de Rivadulla é o carácter das mulleres dos mariñeiros que, ante a súa ausencia, toman as rendas e gobernan a vida. Tamén é fermosa e natural a historia de amor entre os protagonistas. Rivadulla cita neste libro a diferentes autores galegos que escreben sobre o mar, como Fernández Naval ou Xurxo Souto, demostrando que o mar é moi literario, non so a paisaxe, que tamén, senón o traballo do mar. Se non existise o mar, non existiría a poesía.”
A entrevista pode escoitarse aquí.

Feira do Libro da Coruña 2020: actividades destacadas do 7 de agosto

O 7 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:

18:00 h. Xosé Henrique Rivadulla Corcón asina Cando soa a buguina, publicado por Xerais, e Amor de náufrago, publicado por Medulia.
19:00 h. Begoña Paz asina Caixa das Bestas, publicado por Baile del Sol.
19:00 h. César Lorenzo e Jorge Campos asinan Atlas da Galicia pequeniña, publicado por Aira.
20:00 h. Miguel Barrera asina Poema da Rúa das Aves, publicado por Alvarellos.
20:00 h. O ilustrador Miguel Robledo asina Teño dereitos e Frankenstein, publicados por Aira.
20:00 h. Ángel Suanzes asina Se a memoria está na boca, publicado por Urutau.
21:00 h. Xurxo Lobato asina Galicia é unha festa, edición do autor.
21:00 h. Nazaret López asina Formigas nos pés, publicado por Xerais.