En defensa da literatura galega e as súas escritoras e escritores

A AELG sente orgullo das escritoras e escritores galegos que, como Xesús Fraga, constrúen coa súa ampla obra a literatura na nosa lingua e se converten en altofalante das nosas letras ao recibir o merecidísimo Premio Nacional de Narrativa.
Por iso, a AELG denuncia que determinados posicionamentos, froito de arroutos de tinte colonialista que aparecen nalgúns medios de comunicación madrileña, e que definen a quen os emite como ignorantes incapaces de consultar a información a que todas/os temos acceso. En relación con isto, nun artigo recentemente publicado hai un ataque explícito ao recoñecemento por parte das institucións estatais da alta calidade literaria das obras de escritoras e escritores en lingua galega e nas demais linguas do estado que non son o español, e que en ningún caso son tolerábeis. Neste sentido, entendemos que ningunha institución cultural galega que defenda a nosa lingua e o papel imprescindíbel das escritoras e escritores pode quedar indiferente ante estas agresións.
Unha vez máis, a nosa admiración por Xesús Fraga e os nosos parabéns por toda a súa traxectoria.

(Foto do autor: Wikipedia).