A AELG participa nas VIII Xornadas de Literatura Infantil e Mediación Literaria, unha actividade da Universidade da Coruña, ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral da Lingua, que nesta nova edición ten o título de A creación de Monstr3s. Un percorrido pola cadea do libro.
Terá lugar o venres 24 de outubro, ás 19:30 horas, no local da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André 36, 1º, A Coruña). A entrada é libre e gratuíta.
O obradoiro-coloquio contará coa presenza de:
– Laura Parrula.
– Óscar Villán.
Desde a Universidade da Coruña colaboran con esta actividade as profesoras Montserrat Muriano Rodríguez, Iria Sobrino Freire, Patricia Carballal Miñán e Andrea Maceiras Lafuente.