XIV Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia

O XIV Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia conta coa colaboración da AELG.

Inspiraciencia é un concurso de relatos de inspiración científica. É unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dun xeito lúdico, un espazo aberto para pensar e imaxinar a ciencia desde a ficción. O seu obxectivo é fomentar un achegamento ao pensamento científico, de forma libre e persoal, a través da creación literaria, e explorar realidades antes non imaxinadas.

A AELG colabora habilitando prazas para as persoas gañadoras nos Obradoiros da súa Escola de Escritoras e Escritores.

As bases do concurso poden descargarse nesta ligazón.

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) convoca, a través da súa Delegación a Catalunya, a XIV edición de Inspiraciència.

Até o 10 de marzo de 2026, poderanse presentar relatos cunha extensión màxima de 800 palabras e vídeos breves de danza en calquera das linguas oficias de Inspiraciència, galego, castelán, catalán e éuscaro, en dúas modalidades: Adultas/os (a partir de 18 anos) e Xoves (de 12 a 17 anos).

Nesta edición, os traballos gañadores recibirán por primeira vez premios monetarios e vales culturais de até 500 euros. Alén diso, seguiranse outurgando o Premio do Público, decidido mediante votación na web do certame, e o Premio de Ciencias e de Letras, dirixido ao profesorado que fomente a participación do alumnado.

O novo Premio Especial de Danza realiízase en colaboración co Departamento de Historia da Arte e Patrimonio e o Laboratorio Coreolóxico (CoreoLab) do Instituto de Historia do CSIC (IH-CSIC).

O premio inaugura o formato vídeo en Inspiraciencia con dúas subcategorías: Coreografía escénica, para pezas coreográficas que integren procesos de investigación de calquera área científica, e Screendance, para obras audiovisuais que reflicten un proceso de pesquisa de calquera área científica a través da linguaxe da danza e combinando todo tipo de recursos audiovisuais na súa edición.

En cada subcategoria, outorgarase un premio de 250 euros na modalidade Adulto/a e un vale cultural polo mesmo valor na modalidade Xove.

Para cada un dos idiomas do certame, concederase un premio de 500 euros na modaldade Adulto/a, mentres que na modalidade Xove librarase un vale cultural por valor de 250 euros tantto para o autor ou autora do relato como ao seu centro educativo.

As seguintes entidades culturais e científicas colaboran no certame coa súa difusión e premios: Escola d’Escriptura de l’Ateneu Barcelonès, Escola d’Escriptors, Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Editorial Galaxia, ElHuyar, Mètode. Revista de Difusió de la Investigació de la Universitat de València, Efervesciencia (Radio Galega), Produccions Impossibles e Casa de l’Artista en Terres de Cruïlla.

Información e participación

As bases completes e o formulario de participación están dispoñlíbeis na web oficial do certame: inspiraciencia.es

As obras poden presentarse até o 10 de marzo de 2026 ás 23:59 horas (hora peninsular).

Contacto: info@inspiraciencia.es.