A Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta e o colectivo de mulleres Herbas de Prata ofrecerán esta semana os primeiros módulos do programa “Tempos de Mulleres”, que deste xeito chega a Bos Aires como fora anunciado no mes de abril pola secretaria Carme Adán.
Co fin de presentar o marco xeral das politicas de igualdade de Galicia alí onde vivan as mulleres galegas, vanse ofrecer na cidade de Bos Aires -no Centro Español de Sada y sus Contornos e no Centro Noia-Rianxo- entre os días 24 e 26 de outubro módulos de 21 horas de traballo orientados ás problemáticas da diáspora.