Pontevedra: Obradoiro de creación literaria Temáticas transformadoras, impartido por Verónica Pousada Pardo

O Obradoiro Temáticas transformadoras, impartido por Verónica Pousada Pardo, e cunha sesión especial con Fina Casalderrey, é unha iniciativa da Escola de Escritoræs da AELG, co patrocinio e colaboración do Concello de Pontevedra.

Este obradoiro pretende amosar que non hai temáticas prohibidas na Literatura Infantil e Xuvenil, só maneiras máis ou menos axeitadas de achegarse a elas. Tomaremos como base a extensa obra de Fina Casalderrey e a súa perspectiva inocente e realista sobre a morte, a violencia de xénero, o maltrato animal, a diversidade, a tolemia, a migración, o diálogo interxeracional… para a elaboración de textos persoais con vontade transformadora.
Os comportamentos e medos da nenez e mocidade serán os sendeiros que percorreremos para autodescubrir as propias lembranzas, que servirán como alicerce da nosa creatividade.

– Hai 15 prazas dispoñíbeis, para persoas maiores de 18 anos. Agora mesmo están as prazas cubertas, mais está aberta tamén unha listaxe de reserva por se hai algunha baixa entre as persoas xa anotadas
– A inscrición, gratuíta e obrigatoria, farase mediante correo electrónico en oficina@aelg.org
– O obradoiro desenvolverase na Aula da Escola de Escritoras-es da AELG (Seminario 7), no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Calendario
– Días:
Venres 5, 12, 19 e 26 de abril; venres 3 e 10 de maio; e sábados 18 e 25 de maio de 2024.
– Horarios:
Venres 5, 12, 19 e 26 de abril, de 16:30 a 19:30 h.
Venres 3 e 10 de maio, de 16:30 a 19:30 h.
Sábados 18 e 25 de maio, de 10:00 a 13:00 h.

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.