Obradoiro de creación literaria Diálogos entre literatura e música, impartido por Isabel Rei Samartim, en Pontevedra

Destacado

O Obradoiro de creación literaria Diálogos entre literatura e música é unha iniciativa da Escola de Escritoræs da AELG, co patrocinio e colaboración do Concello de Pontevedra. Será impartido por Isabel Rei Samartim.

“Se a palavra escrita é capaz de evocar silêncios e melodias, a música transporta em si o poder de narrar histórias. Neste obradoiro exploraremos o território partilhado onde as duas artes se cruzam, fundem e desafiam, investigando as infinitas correspondências entre a expressão verbal e a linguagem musical.
Ao longo de sete sessões práticas e teóricas, o  foco estará na porosidade das fronteiras artísticas. Analisaremos como o ritmo, a harmonia e a textura moldam tanto a construção de um texto como a composição de uma peça sonora. Vamos investigar de que forma a literatura se apropria da matéria musical, e como a música reinterpreta e amplifica as narrativas literárias.
Este espaço será um laboratório dinâmico e flexível, um convite aberto a tornar o pensamento em música e a música em literatura, num diálogo livre e em constante transformação.”

– 15 prazas dispoñíbeis para persoas maiores de 18 anos. A inscrición, gratuíta, pode facerse enviando un correo electrónico indicando o nome e apelidos ao correo electrónico oficina@aelg.org.

– O obradoiro desenvolverase na Aula da Escola de Escritoras-es da AELG (Seminario 7), no Pazo da Cultura de Pontevedra (Rúa Alexandre Bóveda, s/n).

Calendario
– Días: Sábados 19 de setembro; 3, 24 e 31 de outubro; e 7, 14 e 21 de novembro de 2026.
– Horarios: de 10:00 a 13:00 h.

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

Escola de Escritoræs. Obradoiro de creación literaria Escribindo dende o psiquiátrico: mulleres e loucura, con Carmen V. Valiña

O Obradoiro de creación literaria Escribindo dende o psiquiátrico: mulleres e loucura é unha iniciativa da Escola de Escritoras-es da AELG, subvencionada pola Deputación da Coruña, coa colaboración das librarías Lila de Lilith e Pedreira, de Santiago de Compostela. Será impartida por Carmen V. Valiña, cunha sesión especial coa presenza de Montse Fajardo.

“A loucura construíuse durante séculos en feminino. Non se nos dixo sempre que as mulleres, polo simple feito de selo, xa temos algo de tolas? Este obradoiro propón mirar ao outro lado do espello facendo un percorrido por cinco escritoras que narraron as súas experiencias psiquiátricas.
Ao longo de seis sesións penetraremos nalgunhas das obras desas “tolas” para analizar en profundidade o seu contido e, tamén, as vidas e experiencias psiquiátricas das súas autoras. Comezaremos cunha sesión inicial que nos permitirá comprender como escritura serviu, no caso de moitas mulleres cualificadas como “tolas”, para contrarrestar a narrativa médica construída sobre elas, contar as súas vidas coas súas propias palabras e dar a coñecer, tamén, a súa existencia cotiá dentro do propio manicomio no que foran encerradas.
A continuación, analizaremos a escrita de cinco mulleres, de contextos xeográficos dispares, para comprobar como, ao longo de distintos momentos do século XX, a escritura foi para elas un arma literaria, de refuxio e mesmo de activismo. As escollidas serán Christine Lavant, Leonora Carrington, Janet Frame, Alda Merini e Kate Millet. Con estilos moi dispares, as cinco crearon obras de enorme potencia literaria e humana, reivindicando e explorando  a súa individualidade e os a miúdo borrosos límites entre a tolemia e a cordura,  así  como abordando de maneira crítica as violencias da psiquiatría como ferramenta de control.”

Hai 16 prazas para persoas maiores de 18 anos. A inscrición, gratuíta, realizarase, indicando nome e apelidos, xunto ao nome do obradoiro, no correo electrónico oficina@aelg.org. As solicitudes atenderanse por orde cronolóxica de chegada. A inscrición de cada persoa participante entenderase feita para o conxunto da actividade. Actualmente están xa todas as prazas cubertas, polo que as solicitudes que se envíen entrarían nunha listaxe de reserva.

Horarios, calendario e emprazamentos:
De 10:30 a 13:30 h. os seguintes días:
Sábado 3 de outubro na Libraría Lila de Lilith.
Sábado 17 de outubro na Libraría Pedreira.
Sábado 24 de outubro na Libraría Lila de Lilith.
Sábado 31 de outubro na Libraría Lila de Lilith.
Sábado 7 de novembro na Libraría Pedreira.
Sábado 14 de novembro na Libraría Lila de Lilith.

Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7, baixo).
Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55, baixo).

Información sobre protección de datos
A responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

Observatorio de ideas e textos de literatura e astronomía, con Estíbaliz Espinosa

O Observatorio de ideas e textos de literatura e astronomía, a cargo de Estíbaliz Espinosa, é unha iniciativa da Escola de Escritoræs da AELG, co apoio do Concello de Santiago de Compostela.

– O Observatorio de ideas e textos de ltieratura e astronomía (no ano da Eclipse total na Galiza) ofrece un espazo para mirar, ler en voz alta, escoitar música, debater, crear, preguntar e entender a mecánica celeste e a literatura.

– O fío condutor é a eclipse, desde os mitos solares, a historia da astronomía e da poesía cósmica, até a relación entre imaxinación científica e literatura.

Hai un intre en que o sol desaparece en pleno día. O ceo escurece, as estrelas case están por saír de súpeto, os paxaros calan. Dura uns brevísimos minutos. E nese silencio absoluto, a linguaxe humana -a ciencia, a poesía, a música- revela a súa orixe máis fonda: o asombro.
E na sombra que nos asombra sempre, non somos neste lugar do mundo, as galegas e galegos, un pouco fillas rosalianas do asombro?
O Observatorio de Ideas e Textos de Literatura e Astronomía nace dese asombro compartido. No ano en que Galiza acolle unha eclipse total de sol -fenómeno que non se repetirá sobre este territorio en xeracións-, propoñemos un ciclo de
encontros que exploren a fronteira entre dúas formas de mirar o universo: a científica e a poética. Dúas formas que, máis que opostas, son complementarias e, con frecuencia, inseparables e nas que levo investigando e creando varios anos.
Desde Safo de Lesbos e Hiparco de Nicea até Antonia Ferrín e Ramón María Aller, e desde o tapiz palindrómico de seda de Su Hui até Wisława Szymborska, desde as táboas babilónicas até os versos de Emily Dickinson, Rosalía ou Luísa Villalta (todo un triángulo de verán) os seres humanos non deixamos de alzar os ollos e de arredondar eses 360º en linguaxe lírica.
A astronomía, a máis antiga das ciencias, e a literatura, non a máis antiga das artes, nacen dun mesmo xesto primitivo: poñer nome ao que nos sobrecolle, ao que reborda de nós.

– Terá 8 sesións de 3 horas.

– Hai un total de 20 prazas para persoas maiores de 18 anos. A inscrición, gratuíta, farase mediante o envío dun correo electrónico a oficina@aelg.org indicando o nome, apelidos e o nome do obradoiro.  Esta inscrición refírese ao conxunto das sesións, que terán carácter sucesivo. Agora mesmo están as prazas cubertas.

– O calendario de días, horas e emprazamentos é o seguinte:

En Zona C. Punto de Información Cultural (Rúa Preguntoiro, nº 1, Praza de Cervantes), en Santiago de Compostela.
– Sábado 13 de xuño, de 11:00 a 14:00
– Sábado 20 de xuño, de 11:00 a 14:00
– Mércores 8 de xullo, de 16:00 a 19:00
– Sábado 11 de xullo, de 11:00 a 14:00
– Mércores 15 de xullo, de 16:00 a 19:00
– Sábado 18 de xullo, de 11:00 a 14:00

No Observatorio Astronómico Ramón María Aller (Avenida das Ciencias. Campus Vida), en Santiago.
– Mércores 22 de xullo de 19:30 a 22:30

Na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55, baixo), en Santiago.
– Sábado 1 de agosto de 11:00 a 14:00

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

Obradoiro de creación literaria Inscribir o pensamento crítico. Xornalismo e ensaio cos ciceis de Begoña Caamaño, impartido por Inma Otero, na Coruña

O Obradoiro de creación literaria Inscribir o pensamento crítico. Xornalismo e ensaio cos ciceis de Begoña Caamaño, impartido por Inma Otero, cunha sesión especial a cargo de Marga do Val, na Coruña, é unha iniciativa da Escola de Escritoræs da AELG, co patrocinio da Deputación da Coruña e a colaboración do Concello da Coruña e o Centro Ágora.

Exploraremos a escritura como forma de intervención a partir da obra de Begoña Caamaño, sobre todo a través da creación de textos xornalísticos e ensaísticos. Tanto os artigos como as novelas da autora, estimulantes, lúcidos e contemporáneos, servirannos de estímulo para a produción textual desde unha perspectiva crítica e analítica. Escribiremos desde Begoña e para Begoña. Begoñizarémonos desde o pracer azul da lectura.

20 prazas, gratuítas, para maiores de 18 anos, que se adxudicarán por orde cronolóxica de solicitude.

– A inscrición, gratuíta e obrigatoria, faise mediante correo electrónico en oficina@aelg.org indicando o nome, apelidos e o nome do obradoiro.

– O obradoiro terá lugar no Centro Ágora (Lugar da Gramela, 17), na Coruña.

Calendario
– Días: sábados 9, 16, 23 e 30 de maio; e 6, 13, 20 e 27 de xuño.
– Horarios: de 11.00 a 14:00 h.

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

Escola de Narración Oral da AELG, en Lugo

A Escola de Narración Oral da AELG é unha iniciativa da Escola de Escritoræs da AELG, co patrocinio da Deputación de Lugo e a colaboración do Concello de Lugo.

– Terá 4 sesións de 2 horas cada unha, a cargo de Carmen Conde, Larraitz Urruzola e Avelino González.

– Hai un total de 20 prazas por sesión para persoas maiores de 18 anos. A inscrición, gratuíta, farase mediante o envío dun correo electrónico a oficina@aelg.org indicando o nome, apelidos e o nome do obradoiro.

– O obradoiro desenvolverase no Centro Cultural O Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n, 27002), en Lugo durante o mes de decembro de 2025, co seguinte calendario:

– Mércores 10 de decembro de 2025, de 18:00 a 20:00 h. con Carmen Conde.

– Venres 12 de decembro de 2025, de 18:00 a 20:00 h. con Carmen Conde.

– Mércores 17 de decembro de 2025, de 18:00 a 20:00 h. con Larraitz Urruzola.

– Xoves 18 de decembro de 2025, de 18:00 a 20:00 h. con Avelino González.

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

Obradoiro de creación literaria As Compostelas que hai en min, con Daniel Asorey

O Obradoiro de creación literaria As Compostelas que hai en min, impartido por Daniel Asorey, é unha iniciativa da Escola de Escritoræs da AELG, co apoio do Concello de Santiago de Compostela.

– Exploraremos a cidade como espazo literario e simbólico.
– Fomentaremos a escrita creativa a partir da observación urbana.
– Descubriremos as “cidades ocultas” que se agochan dentro de Santiago (memoria, emoción, lenda, soños, utopía, abandono…).
– Crearemos textos literarios inspirados na cidade.

– Terá 4 sesións de 2 horas e media cada unha.

– Hai un total de 15 prazas para persoas maiores de 18 anos. A inscrición, gratuíta, farase mediante o envío dun correo electrónico a oficina@aelg.org indicando o nome, apelidos e o nome do obradoiro.

– O obradoiro desenvolverase en Zona C. Punto de Información Cultural (Rúa Preguntoiro, nº 1, Praza de Cervantes), en Santiago de Compostela.

Calendario

Martes 18 de novembro, de 16:30 a 19:00 h.
Sábado 22 de novembro, de 11:30 a 14:00 h.
Martes 25 de novembro, de 16:30 a 19:00 h.
Sábado 29 de novembro, de 11:30 a 14:00 h.

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

Obradoiro de creación literaria A oralidade na escrita: un camiño de ida e volta, impartido por Paula Carballeira, en Pontevedra

O Obradoiro de creación literaria A oralidade na escrita: un camiño de ida e volta, impartido por Paula Carballeira, é unha iniciativa da Escola de Escritoræs da AELG, co patrocinio e colaboración do Concello de Pontevedra.

– Trátase de recoñecer as pegadas da nosa tradición oral na literatura, pero tamén de identificar os xogos, estruturas, recursos e tipos que empregamos ás veces nos relatos, poemas, cantigas ou pezas de teatro coas que transmitimos unha maneira de sentir e de compartir o mundo que nos rodea.
– Trátase de experimentar a liberdade desa xustiza poética que equilibra na ficción o que na realidade se desaxusta.
– Trátase de construir imaxinarios grazas ao poder de suxestión das palabras, e de propoñer posibilidades.
– Trátase en fin, de camiñar da oralidade á escrita e da escrita á oralidade, indo e volvendo, traendo, levando.

Hai 15 prazas dispoñíbeis para persoas maiores de 18 anos. A inscrición, gratuíta, pode facerse enviando un correo electrónico indicando o nome e apelidos ao correo electrónico oficina@aelg.org.

O obradoiro desenvolverae na Aula da Escola de Escritoras-es da AELG (Seminario 7), no Pazo da Cultura de Pontevedra (Rúa Alexandre Bóveda, s/n).

Calendario
– Días: Venres 3, sábado 4, venres 10 e sábado 25 de outubro; venres 7, sábado 8 e sábado 22 de novembro de 2025.

– Horarios:
Venres: de 17:00 a 20:00 h.
Sábados: de 10:00 a 13:00 h.

Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

Escola de Escritoræs. Obradoiro de creación literaria A cegueira intrépida (achegamentos ao texto poético), con Carlos Negro

O Obradoiro de creación literaria A cegueira intrépida (achegamentos ao texto poético), impartido por Carlos Negro,  cunha sesión especial con Tamara Andrés, é unha iniciativa da Escola de Escritoras-es da AELG, actividade subvencionada pola Deputación da Coruña, coa colaboración da Libraría Bandini de Bertamiráns.

Non se trata de establecer coartadas sobre as motivacións variables da escrita, senón de arrodear o espazo en que o poema se impón ao establecido e logra que a linguaxe sucumba, saia fóra de si mesma e mereza a pena como experiencia, en forma de irradiación ou asombro.
Non se trata tampouco de entender a poesía, senón de aceptar que o poema, en canto forma de apalpamento, nos guíe a través do escuro e nos diga: velaquí o fulgor, o lugar onde acontece a incandescencia da miniatura sobre un fondo en branco.
Non se trata de saber escribir, senón de deixar de pensar que sabemos para que algo inesperado aconteza.

– Terá lugar na Libraría Bandini, en Bertamiráns (Ames) (Avenida da Peregrina, 3).

– Hai 15 prazas para persoas maiores de 16 anos. A inscrición, gratuíta, pode realizarse, indicando nome e apelidos, xunto ao nome do obradoiro, no correo electrónico oficina@aelg.org. As solicitudes atenderanse por orde cronolóxica de chegada.

Calendario e horarios

Sábados 20 e 27 de setembro; 4, 18, e 25 de outubro; 8, 15, 22 e 29 de novembro; e 13 de decembro de 2025, de 11:00 a 13:00 h.

Información sobre protección de datos
A responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

Moaña: Obradoiro de creación literaria Digo pupila lábio terra digo. Unha aproximación posible á obra poética de Xosé Manuel Millán Otero, con Míriam Ferradáns

O Obradoiro de creación literaria Digo pupila lábio terra digo. Unha aproximación posible á obra poética de Xosé Manuel Millán Otero, con Míriam Ferradáns, é unha iniciativa da Escola de Escritoras-es da AELG, coa colaboración do Concello de Moaña e o patrocinio da Xunta de Galicia.

O corpus poético de Xosé Manuel Millán Otero constitúe unha das voces máis intensas, sensibles e comprometidas da poesía galega contemporánea. O seu estilo está marcado pola profundidade existencial, a conexión coa paisaxe e o uso dunha linguaxe evocadora. Diremos pupila, lábio e terra. Camiñaremos polo linde da materia. Traballaremos voz con voz aos seus textos para achegarnos, nun intento fugaz, á súa obra. Fomentaremos a escritura creativa, inspirándonos na súa capacidade para transformar a realidade en imaxe poética.

O obradoiro será impartido por Míriam Ferradáns, cunha sesión especial con Xosé Daniel Costas Currás.

Hai 20 prazas para persoas maiores de 18 anos. A inscrición, gratuíta, farase enviando un correo electrónico a oficina@aelg.org indicando nome, apelidos e o nome deste obradoiro.

O obradoiro desenvolverase no Concello Vello de Moaña (Rúa Ramón Cabanillas, 108). En caso de levar coche, pode aparcarse aquí.

Calendario e horarios

Sábados 6, 13, 20 e 27 de setembro; 4, 11, 18 e 25 de outubro de 2025, de 11:00 a 13:30 h.

Información sobre protección de datos
A responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.

A Coruña: recital de poesía e música do Obradoiro de Creación Literaria Carácter e canto