Vigo: Poesía de muller. Poesía feminista, con Estíbaliz Espinosa e Dores Tembrás, no V Ciclo Escritores/as na Universidade

O V Ciclo de mesas redondas Escritores/as na Universidade, organizado pola AELG, comeza este xoves 7 de outubro a partir das 12:00 h. no Salón de Actos da Facultade Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, coa participación de Estíbaliz Espinosa e Dores Tembrás na mesa redonda Poesía de muller. Poesía feminista, unha lectura fresca de poemas propios, con comentarios ilustrativos inclinados a aspectos que teñan que ver coa peculiar concepción das autoras sobre a relación entre literatura e loita feminista, entre poesía e muller, etc. Un encontro con escritoras nunha versión lúdica e persoal. O acto será presentado por Anxo Angueira.