Estas son algunhas das fotografías do Roteiro literario Unha lebre entre semáforos, guiado por Dores Tembrás, celebrado o pasado 8 de novembro. A crónica fotográfica completa (obra de Beatriz Maceda Abeleira) pode verse aquí. Esta é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.
Arquivos da etiqueta: Dores Tembrás
Roteiro Unha lebre entre semáforos, guiado por Dores Tembrás, na Coruña
O Roteiro Unha lebre entre semáforos, iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña, que pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.
O presente roteiro será guiado por Dores Tembrás. En palabras da autora: “Unha lebre entre semáforos é a proposta para pasar xuntas unha mañá de domingo. Un percorrido a través dos poemas e as rúas que me sitúan na miña chegada á Coruña con sete anos. A palabra dará conta do encontro cun espazo urbano por veces hostil, pero tamén de fascinio e aprendizaxe. Vides camiñar comigo?”
Terá lugar o domingo 8 de novembro de 2026, a partir das 12:00 horas, na cidade da Coruña. O punto de saída será a porta da entrada ao Parque de Santa Margarita desde a Ronda de Nelle. A asistencia é gratuíta. Non é precisa inscrición previa.
A Coruña: obradoiro para ler poesía A tiro de verso, impartido por Dores Tembrás
A Coruña: Roteiro Festexar a Lingua
Roteiro Festexar a Lingua, na Coruña
Homenaxe a Filomena Dato en Moruxo (Bergondo)
Moruxo, Bergondo: Homenaxe a Filomena Dato
A Coruña: presentación de Eira, de Sara Martínez Bello
Presentación de Eira, de Sara Martínez Bello
Nuria Mosqueira Varela gaña o VI Premio de poesía ‘Filomena Dato’ coa obra ‘Oito días’
Desde o Concello de Bergondo:
“A coruñesa Nuria Mosqueira Varela resultou gañadora do VI Premio de Poesía Filomena Dato, convocado polo Concello de Bergondo, grazas ao poemario Oito días.
O xurado, integrado pola alcaldesa Alejandra Pérez Máquez, presidenta (sen voto); Dorés Tembrás como secretaría; Leticia Mª Rey como funcionaria; e Antía Otero, Silvia Penas e Miro Villar, como vogais, deliberaron a vitoria do conxunto poético de Nuria Mosqueira Varela valorando do mesmo ”a construción dun universo propio e a recreación dunha atmosfera. Estamos ante un libro que amosa unidade no traballo estrutural, un manexo interesante dos símbolos, a dicotomía entre o salvaxe e o doméstico, afondando na convivencia entre a emoción e a violencia, a memoria persoal e social”. Igualmente, o xurado salientou o “control no manexo da lingua e a introdución da oralidade”.
O premio ten unha dotación económica de 2.500 euros e a publicación da obra pola editora Apiario na colección de poesía Filomena Dato. Apiario é a encargada de coordinar este concurso de poesía e tamén levará a cabo a publicación da obra gañadora asumindo todo o proceso: deseño, imprenta, distribución e promoción.
A través deste galardón, o Concello de Bergondo suma o seu gran de area na promoción de certames que impulsan a creación poética en galego, así como a manter en vigor a figura histórica de Filomena Dato Muruais (1865-1926), muller fundamental no movemento literario do Rexurdimento e á que se lle dedicará o ano 2026. (…)”












