Vigo: Encontro de poetas galegas con Salma

O sábado 4 de xuño, no Museo Liste (Rúa Pastora, 22) de Vigo, terá lugar un Encontro de poetas galegas con Salma, xornada que constará de dúas sesións:
– Durante a sesión da mañá (11:00 – 14:00 h.) terá lugar un intercambio de experiencias aberto entre as autoras galegas convidadas e Salma. Traballarase tamén a creación de textos conxuntos.
– A sesión de tarde (17:00 – 19:00 h.), aberta á cidadanía, comezará cunha mesa redonda, na que participarán Salma e outras autoras, e concluirá cun recital no que as convidadas compartirán a súa obra co público asistente.