Estas son as actividades literarias máis destacadas previstas para o luns 1 de agosto dentro da 40º edición da Feira do Libro da Coruña, que se desenvolverá, como todos os anos, nos Xardíns de Méndez Núñez, até o vindeiro mércores 10 con horarios entre as 11:00 e 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas:
– 19:30 h. O escritor e académico Xosé Neira Vilas, asinará exemplares dos seus libros.
– 20:00 h. Presentación do libro Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas, publicado por Edicións Xerais. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado, e actuación de Clara Pino.
– 20:30 h. O profesor Jorge Mira asinará exemplares do seu libro A ciencia no punto de Mira, publicado por Auga Editora.
– 20:45 h. Presentación dos libros Penúltimo dietario, de Xosé Neira Vilas e Aníbal Otero. Lingüística e política en España na guerra civil e no franquismo, de Xesús Alonso Montero, publicados por Xerais. Xunto cos autores, participará no acto Manuel Bragado.