Manuel Rivas falou da literatura na televisión irlandesa con ocasión da súa participación no festival Cúirt de Galway a finais de abril. No festival Jonathan Dunne conversou con el e con Kirmen Uribe sobre a literatura e a identidade, para despois presentar a edición inglesa d’A desaparición da neve en tradución de Lorna Shaughnessy, edición que saíu con Shearsman Books o mes pasado. En maio de 2013 sairá a tradución, a cargo de Jonathan Dunne, de Todo é silencio co seu editor habitual Harvill Secker. Até o 24 de maio pode ser consultado na rede este vídeo.