Entrevista a Alba Tomé na Televisión de Galicia:
“É un relato sobre o maltrato infantil inspirado na súa propia historia persoal. Con As humidades quedou finalista do Premio Illa Nova de Narrativa na súa última edición, un galardón que busca impulsar obras inéditas de novos talentos. A entrevista pode verse aquí.”
Arquivo da categoría: Televisión
‘Hoxe toca Leiva?’, a última novela de Lois Pérez, ambientada no Grove
Entrevista de María Solar a Lois Pérez na Televisión de Galicia:
“Novela de 282 páxinas pola que circulan máis de media ducia de personaxes singulares. Rodeando todo o rumor de que esa noite o cantante Leiva vai actuar no Grove. Un cóctel que combina algunhas das filias e fobias do seu autor. A entrevista pode verse aquí.”
Tamara Andrés descobre a poeta Matilde Lloria en ‘Eu son de aquí e de alá’
Entrevista de María Solar a Tamara Andrés na Televisión de Galicia:
“Resultado dunha investigación persoal, que reconstrúe a memoria dunha poeta. Matilde Lloria naceu en Almansa, Albacete, en 1912; escribiu en galego, valenciano e castelán. A entrevista pode verse aquí.”
‘Nakba’, o poemario de Patricia Torrado que narra a catástrofe que se vive en Gaza
Entrevista a Patricia Torrado Queiruga na Televisión de Galicia:
“O título expresa a alma deste libro construído con nostalxia, resistencia, violencia, pero tamén con esperanza. Nakba gañou o premio Concello de Vilalba. A entrevista pode verse aquí.”
María Canosa fala da súa primeira novela xuvenil, ‘Dipnoi’
Entrevista de Pilar G. Rego a María Canosa no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Dipnoi é unha historia sobre o que se cala, o medo á tenrura e ao diferente; sobre o valor de ser un mesmo e das palabras que nos salvan. O libro explora a comunicación dos rapaces a través dos teléfonos e das redes sociais e como isto modifica as relacións. A entrevista pode verse aquí.”
Entrevista a Vítor Vaqueiro e Ánxel Huete sobre Bestiário
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Entrevista de María Solar a Vítor Vaqueiro e Ánxel Huete arredor do libro Bestiário. Pode verse aquí.”
Branca Trigo: “Gústame pensar nesa relación que hai entre o corpo e o baleiro”
Entrevista de Pilar G. Rego a Branca Trigo no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“No Mundo Carne amalgámanse o individual e o colectivo, a historia e a vida, a terra e o corpo. Este poemario, publicado por Malafera e ilustrado por Octavia Russo, abre na realidade unha ferida. Vomitei Deus, en edición bilingüe, é unha selección de poemas de Mundo Carne e dos seus libros anteriores con epílogo de Chus Pato. A entrevista pode verse aquí.”
Xesús Fraga: “Escribir unha carta e esperar pola resposta esixe desa atención plena na comunicación”
Entrevista de Pilar G. Rego a Xesús Fraga e Xerardo Quintiá no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Tempo de correspondencia é un libro que xorde do azar, da carencia e, en maior medida, da relación persoal entre Xesús Fraga e Xerardo Quintiá. Dezaseis cartas que tentan devolvernos ese sosego comunicativo. O libro, de xénero epistolar, inclúe nos textos desas cartas pequenas sorpresas como links, música, consellos literarios que xorden dese diálogo entre os dous escritores. A entrevista pode verse aquí.”
Carlos Negro: “Este libro é un diálogo amoroso entre dúas persoas e a morte é unha ponte que hai que cruzar”
Entrevista de Pilar G. Rego a Carlos Negro no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“”Este libro botouse a voar porque levaba dentro unha crenza de que hai persoas que fan florecer os cadaleitos, en canto deixan en nós un pouso que sen temor ningún podemos considerar unha forma suprema de elegancia”. Así comeza a nota de autor deste libro, A caligrafía das espigas. O novo poemario de Carlos Negro volve con versos, notas manuscritas e coa lembranza de Pepita de Romero, a súa avoa materna, e con toda a elegancia que dela herdou. A entrevista pode verse aquí.”
Adrián Noia: “‘Pontealbar’ nace dunha lenda situada nesta aldea de Trazo”
Entrevista a Adrián Noia no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Pontealbar foi publicada por Editorial Galaxia e é a súa terceira novela, unha historia fantástica e de aventuras con personaxes mitolóxicos. A historia parte dunha lenda da aldea de Pontealbar, en Trazo, que recollía Leandro Carré en Las leyendas tradicionales gallegas. Adrián Noia tamén gañou a novena edición dos Premios SELIC de Creación Literaria 2025 pola súa obra O silencio non arrola. A entrevista pode verse aquí.”