Entrevista de Ramón Nicolás a Alejandro Tobar en Qué Leer, desde o seu blogue, Caderno da crítica:
“(…) – Ramón Nicolás (RN): Que o impulsou a se aventurar nun proxecto editorial?
– Alejandro Tobar (AT): A tradución de literatura estranxeira ao galego é un campo apenas cuberto a nivel empresarial. En consonancia coa proposta de campo literario de Bourdieu, quixen situarme no subcampo da produción restrinxida, xa que o da gran produción goza de pouca autonomía, ao se guiar polo beneficio económico, que é o que articula o campo do poder, onde os produtores se miden segundo o éxito comercial e a notoriedade social e se dá primacía aos artistas recoñecidos polo gran público. En troques, no da produción restrinxida, existe maior autonomía, e o beneficio económico queda nun segundo plano; os produtores mantemos unha forte independencia respecto da demanda maioritaria. (…)
– RN: Como ve a tradución en Galicia?
– AT: Respondería rotundamente que moi mala. Gáñase ben máis como garda-xurado na Deputación de Ourense. As tarifas pactadas non sempre se respectan, ás veces non somos citados nos créditos nin informados das liquidacións anuais. Existe unha patente falta de control do proceso de creación: libros que non se revisan, exemplares que non recibimos, cambios non pactados no texto final, prazos incumpridos, urxencias non pagas, etc. Con todo, eu nos últimos meses estou a ter moita sorte, se cadra por traballar con empresas de fóra de Galicia que tamén publican en galego, como Vicens Vives, a cal non leva a cabo ninguna desas prácticas.”