Antonio Manuel Fraga: “Creo que lle collín gusto a escribir”

Entrevista a Antonio Manuel Fraga en La Voz de Galicia, desde Xerais:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): ¿Que conta a obra que gañou o premio da editorial Xerais [Merlín]?
– Antonio Fraga (AF): En principio parece unha historia moi triste, porque é dun rapaz que fica orfo de nai e que ten o pai lonxe, inda por riba cóidano unhas tías que o maltratan. Todo lle vai mal ata que entra na súa vida un personaxe máxico, o castañeiro, o rapaz duda da realidade porque o ve en pleno mes de abril. (…)
– LVG: ¿Que significou o premio?
– AF: Pois a confirmación de que podo seguir escribindo de xeito máis ou menos profesional, xa que o primeiro libro naceu casi por casualidade: meu irmán tivo un cativo e ocorréuseme regalarlle un conto, que finalmente se publicou e ao que lle seguiu o meu segundo libro que xa gañou o Merlín.
– LVG: ¿Como ve a literatura infantil galega?
– AF: Hai variedade e calidade, pero ainda temos que facer unha labor para agochar certas barreiras que fan que se siga a facer menosprezo deste xénero.”