O sábado 22 de novembro, ás 12:00 horas, no antigo embarcadoiro de carbón de Santo Amaro, na Coruña, terá lugar un roteiro pola península da Torre con Xurxo Souto para complementar a conferencia sobre a toponimia costeira da Coruña que tivo lugar o martes 18 de novembro, actividade enmarcada dentro do ciclo Recuperación, análise e divulgación da toponimia menor da Coruña e da súa comarca, que leva a cabo a A. C. Alexandre Bóveda.