O venres 24 de xullo continúa a Feira do Libro de Rianxo (na Praza Castelao), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:30 a 22:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 12:00 h. Presentación de Caderno de Literatura Popular 2, Cantigas de aquén e de alén mar: Jesús Faustino Rañó Rodríguez, de Raquel García Abuín, e de Nacionalismo galego. Desarticulación, resistencia e rearticulación (1936-1975), de Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, publicado por Laiovento. Presentado por Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo), coa participación de Eulalia Agrelo Costas e Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, na Casa do Concello.
– 20:30 h. O escritor e músico Xurxo Souto presenta Océano para terrícolas, espectáculo baseado no seu libro Contos do Mar de Irlanda, publicado por Xerais. Presenta Xesús Laíño, da Asociación Cultural Barbantia.
– 21:30 h. Actividade infantil. A nena e o grilo, por Magín Blanco.