Desde Galaxia:
“A pasada fin de semana fíxose público por parte de IBBY, a Lista de Honra correspondente ao ano 2016 e no que a tradución que Ramón Nicolás fixo para o libro de Ana Maria Machado, Bisa Bea, Bisa Bel, foi recoñecida para entrar nesta prestixiosa listaxe.
A lista de honra de IBBY é un exclusivo recoñecemento que premia, coa súa inclusión e posterior exposición en distintos lugares do mundo (por exemplo durante a Feira de Boloña) os mellores libros e traducións, dentro do ámbito da Literatura Infantil e Xuvenil, do mundo.
Parabéns, xa que logo, para Ramón Nicolás, por este importantísimo recoñecemento.”