Entrevista a Andrea Nunes Brions

EntrevistaAndrea Nunes Brións a Andrea Nunes Brions en Palavra Comum:
“- Palavra Comum (P): Que representa para ti a poesia?
– Andrea Nunes Brions (ANB): Para min a poesía supón unha forma de crecer e partillar, de entrar no ollo das outras, de verse unha mesma danificada nun verso ou espallada nunha metáfora, de me inventar e de rachar co establecido. É unha forma tamén de denuncia, de remover.
É iso que nos axuda a continuar camiñando, esa dose necesaria na vida para non afundir, para sentirme nas outras e sorprenderme. A poesía é “unha arma cargada de futuro” como dicía Celaya, mais é tamén como expresou despois AJO, “unha arma cargada de imperfecto, de pasado imperfecto”. (…)
– P: Que perspetiva tens sobre o estado actual da criatividade cultural, e que conexões -reais ou potenciais- encontras com outros espaços culturais (Lusofonia, etc.)?
– ANB: Temos unha enchente de persoas a facer cousas interesantes e únicas no país, persoas moi creativas e moi implicadas nas diversas formas de creación. Propostas diferentes, coraxosas, transgresoras. A situación, porén, como en todos os eidos, é inxusta. Como no caso das mulleres escritoras, que precisan (mos) de espazos de visibilización e de recoñecemento e autoridade que nunca se lles dá ás súas creacións, ao igual pasa coa escolla ortográfica. Con respecto á lusofonía, agora comezan a agromar propostas moi potentes desde Galiza, mais continúa habendo unha marxinalidade excluinte, e precisamos dunha “irmandade” real, para poder aportar e achegarnos as creacións que a nosa lingua posúe. (…)”