Museo do Pobo Galego, Compostela: obradoiros Facemos Irmandade?, do 6 ao 8 de xullo

DesdeMuseo do Pobo Galego o Museo do Pobo Galego:
No mes de Xullo, o Departamento de Educación e Acción Cultural desenvolverá os obradoiros Facemos Irmandade? arredor das Irmandades da Fala e da exposición sobre elas que se amosará no Museo do 23 de Xuño ao 31 de Xullo. En tres xornadas distintas e con diferentes metodoloxías, nenos, nenas e persoas adultas poderemos achegarnos ao importante labor deste colectivo do que, neste ano, celebramos o centenario da súa fundación:
En busca dos tesouros das Irmandades. 6 de Xullo de 11:00 a 12:30 h. Para nenas e nenos de 7 e 9 anos.
En busca dos tesouros das Irmandades. 7 de Xullo de 11:00 a 12:30 h. Para nenas e nenos de 5 a 6 anos.
Pegadas das Irmandades en Compostela8 de Xullo de 17:00 a 18:30 h. En familia.
Os obradoiros, que serán dirixidos por Educultoras, contan cun aforo limitado polo que é necesario inscribirse en deac@museodopobo.gal ou no Tl. 981-583620. Os obradoiros son gratuítos para socios e socias e familias con persoas no desemprego. Ten o custo de 2€ para quen non estiver en ningunha destas situacións.”

IrmandadesMPG