Desde Cultura Galega:
“Small Stations Press e a Xunta de Galicia acaban de presentar ao público a primeira edición monolingüe en inglés de Follas novas, de Rosalía de Castro. New Leaves ve a luz nunha tradución da poeta canadense Erín Moure, que xa se encargara de trasladar Cantares gallegos, no marco da colección “Galician Classics”. O lanzamento súmase a outros títulos xa integrados nesta colección, como son Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro, unha escolma de Lois Pereiro, Nimbos, de Díaz Castro e Cantares gallegos, da propia Rosalía. Con anterioridade a esta edición, a editorial viguesa Trymar presentara en 2014 unha versión bilingüe inglés-galego desta mesma obra, con tradución de Xosé Carlos Morell. Do mesmo xeito, diferentes poemas do libro viran a luz na lingua de Shakespeare en distintas antoloxías e artigos.”