Ourense: Ciclo de Literatura Infantil. Música e Poesía dende a primeira infancia, con Montse Rivera

Abannerciclolix AELG colabora co Ciclo de Literatura Infantil. Música e Poesía dende a primeira infancia ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Todas as sesións comezan ás 17:00 horas na Sala multiusos Emilia Pardo Bazán do Edificio Facultades do Campus As Lagoas (Ourense). A inscrición é gratuíta. Para obter diploma deasistencia pódese contactar neste correo: imocino@uvigo.es

O Ciclo, coordinado por Isabel Mociño e Susa Herrera (Facultade de Ciencias de Educación, Campus de Ourense – Universidade de Vigo), comeza co seguinte relatorio, que desenvolverá a temática que se detalla a continuación:

5 outubro | Montse Rivera | A tradición oral nas aulas
Recollida da transmisión oral e versión musical.

Nesta sesión inaugural contarase coa presenza de:

  • Sr. D. Valentín García, Secretario xeral de Política Lingüística.
  • Vicerreitor do Campus de Ourense, Virxilio Rodríguez.
  • Decana da Facultade de Ciencias da Educación, Mar García Señorán.
  • Isabel Mociño e Susa Herrera, profesoras da Facultade de Ciencias da Educación e coordinadoras do ciclo.
  • Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG.

Obxectivos:
– Continuar co Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil iniciado en outubro de 2015 na Facultade de Ciencias da Educación (Ourense), que tivo unha media de asistencia a cada sesión de 100 persoas.
– Dar a coñecer estratexias, recursos e ferramentas para achegar a poesía e a música á infancia e adolescencia.
– Divulgar experiencias e producións de Literatura Infantil e Xuvenil galega da man das propias creadoras (autoras, ilustradoras), aspecto fundamental entre futuro profesorado da Educación Infantil e Primaria.
– Reforzar as carencias dos currículos académicos en materias específicas para o traballo coa poesía e a música na etapa da Educación Infantil e Primaria.
– Desenvolver coloquios/conversas coas creadoras participantes (autoras textuais, da ilustración, da música que acompaña os libros infantís…) para contrastar as liñas de creación das persoas participantes coa percepción que se ten da súa producción.
– Tomar conciencia entre o alumnado, mediadores e público en xeral da importancia de coñecer a literatura para os máis novos/as, saber recomendar as obras de calidade e sobre todo aquelas que promovan valores en positivo, entre eles a educación estética e musical.
– Visibilizar a poesía e a música para a infancia e adolescencia, incidindo en criterios de selección coherentes e acordes ao coñecemento da evolución histórica destas producións.
– Valorar o papel do profesorado e a escola como axentes dinamizadores, programadores e normalizadores culturais.

Ciclo de música e poesía foto