A web Galicia Encantada celebra o 14 aniversario na Rede o 5 de marzo

A web Galicia Encantada, a web da Fantasía Popular de Galicia, celebra o 14º aniversario na Rede este 5 de marzo de 2019.
Galicia Encantada, a web da Fantasía Popular de Galicia, naceu para internet o 5 de marzo de 2005. Desde entón, baixo o coidado do seu creador, coordinador e responsable de contidos, Antonio Reigosa, atesoura máis de 2000 arquivos/documentos que se foron subindo e milleiros tamén os visitantes que recibe ano tras ano.
Mantense a regularidade na incorporación de novidades.
Recoñecementos/Premios
– Premio de Cultura Tradicional ‘María Castaña’ (2006)
– Premio Irmandade do Libro (2013)
– Homenaxe Festival Atlántica (2015)
– Finalista na Gala do Libro (2018), modalidade Proxecto Literario na Rede.
– Publicación conmemorativa 10ª aniversario. Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías (Xerais, 2014), con prólogo de Xabier P. DoCampo e ilustracións de Noemí López.

Sobre a web Galicia Encantada
Artigos publicados en revistas como Murguía e Culturas Populares, e en monográficos como Palabra viva, Cultura tradicional e desenvolvemento rural.

Seccións/categorías
Os arquivos organízanse en 33 seccións ou categorías temáticas que van alfabeticaqmente desde o Alén, coas súas lendas, pasando polas relacionadas con todos os seres da nosa mitoloxía popular (encantos, tesouros…) e os lugares e toponimia asociada á literatura popular tradicional.

Documentación
Inclúe, entre outros apartados, “Aulas da memoria” con traballos escolares, “Biblioteca”, con varias publicacións en PDF, e “Didáctica da Fantasía” con diversas propostas.

Outras seccións:
Novas, Contacto, Buscador, Mapa (localizador de lugares con lenda).

Revista (ISSN 1887-2859)
Publicados 115 artigos do maís variados temas, a maioría sobre o patrimonio inmaterial galego pero tamén referidos a Portugal, León e Asturias.”