A Gala do Libro Galego 2019, actividade conxunta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia, tivo lugar o sábado 11 de maio de 2019, en Santiago de Compostela.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe estes vídeos:
– Entrega do Premio na categoría de Ensaio e Investigación: Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte, de Emílio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González (Edicións Xerais de Galicia).
– Entrega do Premio de Tradución: A señora Dalloway, de Virginia Woolf, por Celia Recarey Rendo (Irmás Cartoné):
– Entrega do Premio á Obra de Divulgación: Castelao na arte europea, de Siro López (Garañón Editora):