A segunda feira 23 de novembro, ás 20:00 horas, no Auditorio do Centro Ágora continúa o Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido polo Concello da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Ismael Ramos e o poeta italiano Ángelo Néstore. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos novembro 2020. Ademais, o evento poderá seguirse por streaming dende a web das Bibliotecas Municipais da Coruña.
As fotos son de María Ramos e Martín de Arriba.