Yolanda Castaño obtén o premio ao mellor poemario de 2020 da revista Estandarte

Desde La Voz de Galicia:
Yolanda Castaño obtivo o premio Estandarte ao mellor libro de poesía de 2020 pola súa antoloxía Un cobertizo lleno de significados sospechosos, que publicou o selo catalán Milenio.
Segundo argumenta o fallo, Milenio publicou «unha antoloxía que se botaba en falta». Grazas a ela, apunta, é posíbel facerse unha idea do mundo de Yolanda Castaño, que, lembra, tamén «é activista cultural e promove numerosas iniciativas e proxectos relacionados con distintas disciplinas artísticas, pois o seu radio de acción vai máis alá do verso». (…)”