A Coruña: recital de Miriam Ferradáns e Xuan Bello no Ciclo Poetas Di(n)versos

A segunda feira 14 de decembro, ás 20:00 horas, no Auditorio do Centro Ágora continúa o Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido polo Concello da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Miriam Ferradáns e o poeta asturiano Xuan Bello. Máis información aquí: Folletas Poetas Di(n)versos decembro 2020. Ademais, o evento poderá seguirse por streaming dende a web das Bibliotecas Municipais da Coruña.