A Gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2023 está organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia
As obras, iniciativas e profesionais gañadoras dos Premios Follas Novas 2023 daranse a coñecer na Gala que se vai celebrar o 22 de abril, a partir das 19:00 horas, no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Os premios contan co apoio da Deputación da Coruña, Concello de Santiago, CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos) e Xunta de Galicia.
As trinta e nove obras finalistas desta edición dos premios Follas Novas son o resultado dun proceso de selección de catro fases e que supón unha lectura e valoración completa de toda a produción editorial galega. O proceso supón unha primeira escolla con propostas das tres entidades organizadoras que supuxo a selección dun cento de títulos entre os publicados ao longo de 2022. Dese conxunto de obras, o xurado desta edición fixo unha primeira escolma da que resultaron escollidas as candidatas en cada categoría. A terceira fase de selección é a actual, na que o xurado escolleu as obras finalistas por cada categoría, que poden ser consultadas máis abaixo.
A gala dos premios será conducida por Patricia de Lorenzo, integrante de Chévere Teatro.
Premios honoríficos
Os galardóns desta edición son para Ediciós do Castro, pola Asociación Galega de Editoras; a libraría Númax, pola Federación de Librarías de Galicia, e a escritora mexicana con orixes galega Lydia Cacho, nomeada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega como Escritora Galega Universal.
Ediciós do Castro
O premio da Asociación Galega de Editoras é para a histórica editorial Ediciós do Castro por ter contribuído de maneira tan decisiva á existencia do libro galego e por unha traxectoria que exemplifica como poucas o compromiso co saber e a literatura galega, cunha extraodinaria importancia histórica desta editorial que agora cumpriría sesenta anos. O premio será recollido por Xosé Díaz, fillo do fundador da editorial, Isaac Díaz Pardo.
Libraría Númax
O recoñecemento da Federación de Librarías de Galicia é este ano para a Libraría Númax, de Santiago de Compostela. Segundo a Federación de Librarías, Númax representa todo o que se pode esperar dunha libraría, con inquedanzas, curiosidade intelectual, moitas actividades e integrada nun espazo cultural cunha oferta leva de man cine e libros.
Lydia Cacho
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Lydia Cacho, xornalista mexicana, con raíces galegas, activista feminista e defensora dos dereitos humanos, como Escritora Galega Universal en 2023, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade da súa obra. A AELG salienta con este recoñecemento o seu traballo sobre o feminicidio en Ciudad Juarez, polas súas investigacións sobre a prostitución infantil.
FINALISTAS DOS PREMIOS FOLLAS NOVAS 2023
PREMIO Á OBRA DE ENSAIO E INVESTIGACIÓN
A defunción dos sexos. Disidentes sexuais na Galiza contemporánea. Daniela Ferrández Pérez. Edicións Xerais de Galicia
A música das palabras. Darío Xohán Cabana. Edicións Xerais de Galicia
Maternidades virtuosas. Unha crítica aos modelos profesionais de crianza. María do Cebreiro. Editorial Galaxia
PREMIO Á OBRA DE DIVULGACIÓN
Juana de Vega. A muller que desafiou o seu tempo. Marilar Aleixandre e Emma Pedreira. Editorial Galaxia
O libro negro da lingua galega. Carlos Callón. Edicións Xerais de Galicia
Memoria diversa. Eva Mejuto. Deputación da Coruña
PREMIO Á OBRA DE NARRATIVA
Non penses nun elefante rosa. Antía Yáñez. Edicións Xerais de Galicia
O tradutor de sombras. Moncha Fuentes. Edicións Xerais de Galicia
Os seres queridos. Berta Dávila. Edicións Xerais de Galicia
PREMIO Á OBRA INFANTIL
Animalario de ler a diario. Eduard Velasco (autor), Nuria Díaz (ilustradora). Edicións Xerais de Galicia
O gran libro da nosa horta. Blanca Millán. Edicións do Cumio
O neno de lume. Ledicia Costas (autora), Iván R. (Ilustrador). Edicións Xerais de Galicia
PREMIO Á OBRA XUVENIL
A ladroa da biblioteca de Meirás. Eva Mejuto. Edicións Xerais de Galicia
A lebre mecánica. Ledicia Costas. Edicións Xerais de Galicia
Que me pare o corazón se te esquezo. Andrea Maceiras. Edicións Xerais de Galicia
PREMIO AO LIBRO ILUSTRADO
Cando leo. Bea Gregores (autora, Eva Mejuto). Edicións Xerais de Galicia
Verme. Federico Fernández. Germán González. Kalandraka Editora
Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente. Ramón D. Veiga (autor), Iván R. (ilustrador). Edicións Embora
PREMIO AO LIBRO DE BANDA DESEÑADA, GRÁFICO E HUMOR
Miñoca e pega. Iván R., Ramón D. Veiga. Edicións Xerais de Galicia
Pequena historia de Vigo. Pedro Feijóo, Xosé Tomás. Edicións Embora
Roxín Roxal. A daga do conde. Manel Cráneo e Brais Fierro. Demo Editorial
PREMIO Á INICIATIVA BIBLIOGRÁFICA
Así fala Penélope (Unha antoloxía de xénero). VV. AA. Edición de Marta Dacosta. Chan da Pólvora Editora
Chévere 1987-2022. Trinta e cinco anos de axitación cultural. Chévere. Kalandraka Editora
Entre leiras e labores (antoloxía verbo-visual de autoras galegas). VV. AA. Edición de Inma Doval Porto. Editora Urutau
PREMIO Á OBRA TRADUCIDA
Carol. Patricia Highsmith / Traducido por María Alonso Seisdedos. Kalandraka Editora.
Léxico familiar. Natalia Ginzburg/ Traducido por María Alonso Seisdedos. Editorial Laiovento
O verán en que miña nai tivo os ollos verdes. Tatiana Țîbuleac / Traducido por Andreea Birsanu. Rinoceronte Editora
PREMIO AO LIBRO DE POESÍA
Barroco. Antía Otero. Apiario
Materia. Yolanda Castaño. Edicións Xerais de Galicia
Montaña Ioga. Lupe Gómez. Edicións Espiral Maior
PREMIO AO LIBRO DE TEATRO
As alumnas. Paula Carballeira. Editorial Galaxia
Chévere (1987-2022).Trinta e cinco anos de axitación cultural. Chévere. Kalandraka Editora
Estrela… fugaz? Carlos Labraña. Editorial Galaxia
PREMIO AO LIBRO MELLOR EDITADO
Barroco. Antía Otero. Apiario
Chévere (1987-2022), Trinta e cinco anos de axitación cultural. Chévere. Kalandraka Editora
Criptografías. Pepe Cáccamo e Baldo Ramos. Alvarellos Editora
PREMIO PROMOCIÓN DA LECTURA
Canle de Youtube de Neeumatiko
Surfeando libros
Traballadoras das Bibliotecas Municipais da Coruña