O Roteiro 2º de Poeta, guiado por Lucía Aldao, é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.
Terá lugar o sábado 18 de novembro, a partir das 12:00 horas, na cidade da Coruña, tendo como punto de saída o IES Puga Ramón (Rúa Leopoldo Alas Clarín, 4).
Agradecemos que as persoas interesadas se inscriban previamente no correo electrónico oficina@aelg.org, indicando o seu nome e apelidos. A inscrición realizarase por orde cronolóxica de chegada das solicitudes.
En palabras de Lucía Aldao: “Hai anos deseñei para os Paseos pola Coruña literaria de AELG a actividade 1º de poeta, e co público asistente paseei polo meu colexio da infancia intentando falar da vocación e dos primeiros achegamentos á literatura. Propóñovos agora asistir a 2º de poeta, un paseo da man da poeta adolescente coas súas lecturas reveladoras, os seus tormentos e a súa teima, aínda intacta, pola poesía.”
Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.