Súmase deste xeito ás reivindicacións da Plataforma Calíope, formada por máis de vinte entidades.
Após a aprobación polo Consello de Ministros da Lei de Ensinanzas Artísticas e a súa próxima tramitación no Congreso dos Deputados, a Plataforma Calíope, que agrupa boa parte das escolas e obradoiros literarios do Estado, así como ás principais asociacións profesionais de escritoras e escritores, quere manifestar:
– O seu apoio a unha lei que consideramos moi necesaria para o recoñecemento da formación artística, así como do labor das persoas, empresas e institucións que levamos anos impartíndoa. O recoñecemento que a Lei de Ensinanzas Artísticas outorga a estas disciplinas parécenos de xustiza e esencial para o futuro das mesmas.
– A súa exixencia de que, á relación de ensinanzas artísticas recollidas en dita lei, se engada a Escrita Creativa, disciplina inxustamente esquecida e sen que a Lei quedaría inevitabelmente incompleta. A Escrita Creativa é unha ensinanza artística con máis de 40 anos de traxectoria no Estado e plenamente implantada como disciplina oficial na gran maioría dos estados da contorna, tanto a nivel europeo como en Latinoamérica. A súa incorporación á Lei de Ensinanzas Artísticas non só é necesaria para asegurar que a formación das escritoras e escritores teña o mesmo nivel e oportunidades que a dos demais artistas, senón tamén para permitir que as escolas e obradoiros literarios, así como o profesorado –a maioría formado por escritoras e escritores– que desenvolven a súa actividade nos mesmos, poidan ver recoñecidos o seu coñecemento e a experiencia acumulados. O futuro de todo un sector –empresas, traballadores/as e estudantes–, que veu desenvolvendo unha metodoloxía e un sistema de ensino propios e de alta calidade, que formou moitas das escritoras e escritores emerxentes na actualidade, depende tamén do recoñecemento da nosa actividade como disciplina artística e, en consecuencia, da súa inclusión na relación de ensinanzas artísticas do artigo 6 da Lei de Ensinanzas Artísticas, actualmente en tramitación parlamentaria.
– Para iso, solicitamos o apoio de todos os grupos políticos e parlamentarios, así como da sociedade en xeral e das escritoras e escritores e demais actores do sector do libro (editoriais, librarías, distribuidoras, lectores e lectoras, etc.), á emenda que se presentou para que as Ensinanzas Artísticas Superiores de Escrita Creativa sexan incluídas na citada Lei.
Galiza, a 28 de febrero de 2024
O conxunto de entidades que apoian este reivindicación da Plataforma Calíope son as seguintes:
Asociación Aragonesa de Escritores
Asociación Colegial de Escritores (ACE)
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
Asociación de Escritores y Escritoras de Asturias (AEA)
Asociación de Mujeres Escritoras e Ilustradoras (AMEIS)
Asociación Europea de Programas de Escritura Creativa (EACWP)
Asociación Navarra de Escritores/as-Nafar Idazleen Elkartea (ANE-NIE)
Asociación Valenciana de Escritores y Críticos Literarios (CLAVE)
Associació d’Escriptors en Llengua Catalana (AELC)
Euskadiko Idazleen Elkartea/Asociación de Escritores de Euskadi (EIE)
Nueva Asociación Canaria de Escritores (NACE)
Sociedad Cántabra de Escritores
Atrapavientos
Bibliocafé
Billar de Letras
Escola d´escriptura de l´Ateneu barcelonés
Escuela de Escritores
Escuela de Imaginadores
Escuela Selecta de Escritura
Espacio 17 Musas
Estudio de Escritura
La Plaza de Poe
Laboratori de Lletres
Taller de Escritura Creativa Clara Obligado
Taller de Escritura Creativa Fuentetaja