Agustín Agra faise co XXVI Certame de Narración Curta Ánxel Fole do Concello de Lugo

Agustín Agra vén de facerse co XXVI Certame de Narración Curta Ánxel Fole coa obra O livro das contrarias. O xurado -composto pola poeta Mariña Pérez Rei, o escritor Fabio Rivas Pardo, e a escritora María Reimóndez– destacou que se trata dunha “obra de actualidade e ambiente cosmopolita que dialoga cunha ausencia, poñendo en dúbida os límites da memoria. A voz da narradora navega entre a linguaxe da fotografía, o xénero epistolar e a presenza icónica do mundo natural. Estes fíos tecidos constrúen unha obra de aparencia intimista, pero que revela puntos de conexión con temas tanto ambientais como de recuperación das voces e olladas das mulleres no ámbito científico a través dunha sensitiva voz narradora.”