Agustín Agra faise co XXVI Certame de Narración Curta Ánxel Fole do Concello de Lugo

Agustín Agra vén de facerse co XXVI Certame de Narración Curta Ánxel Fole coa obra O libro das contrarias. O xurado -composto pola poeta Mariña Pérez Rei, o escritor Fabio Rivas Pardo, e a escritora María Reimóndez– destacou que se trata dunha “obra de actualidade e ambiente cosmopolita que dialoga cunha ausencia, poñendo en dúbida os límites da memoria. A voz da narradora navega entre a linguaxe da fotografía, o xénero epistolar e a presenza icónica do mundo natural. Estes fíos tecidos constrúen unha obra de aparencia intimista, pero que revela puntos de conexión con temas tanto ambientais como de recuperación das voces e olladas das mulleres no ámbito científico a través dunha sensitiva voz narradora.”

Compostela: presentación de Miño. Antoloxía do relato galego actual

Emma Pedreira gaña o XIX Certame Literario Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos

Desde a Concellería de Cultura do Concello de Noia informan que o 22 de decembro, ás 12:30 h., tivo lugar o acto de dar a coñecer, ante os medios de comunicación, a decisión do xurado do XIX Certame Literario Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos.
A obra gañadora resultou ser Cicatrices do aire, de Emma Pedreira.
No acto estiveron o concelleiro de cultura, José Pérez Martínez, e os representantes do xurado Xavier Castro Rodríguez (profesor no IES Virxe do Mar de Noia e codirector da revista Casa da Gramática); Antonio Piñeiro Fernández (escritor e profesor) e Mariña Pérez Rei (escritora e profesora).
Nesta ocasión o xurado estivo integrado, ademais das persoas nomeadas, por Agustín Agra Barreiro (escritor e profesor) e Oliva Fraga Lombardía (secretaria do xurado e traballadora municipal).