“Agustín Agra vén de facerse co XXVI Certame de Narración Curta Ánxel Fole coa obra O livro das contrarias. O xurado -composto pola poeta Mariña Pérez Rei, o escritor Fabio Rivas Pardo, e a escritora María Reimóndez– destacou que se trata dunha “obra de actualidade e ambiente cosmopolita que dialoga cunha ausencia, poñendo en dúbida os límites da memoria. A voz da narradora navega entre a linguaxe da fotografía, o xénero epistolar e a presenza icónica do mundo natural. Estes fíos tecidos constrúen unha obra de aparencia intimista, pero que revela puntos de conexión con temas tanto ambientais como de recuperación das voces e olladas das mulleres no ámbito científico a través dunha sensitiva voz narradora.”
Arquivos da etiqueta: Certame de narración curta Ánxel Fole
Ampliado até o 31 de xaneiro de 2024 o prazo para a presentación de orixinais na XXVI edición do Certame de Narración Curta Ánxel Fole
Bases da XXVI edición do Certame de Narración Curta Ánxel Fole
Bases do XXV Certame de narración curta Ánxel Fole 2023
María Dolores Araújo gaña o Certame de Narración Curta Ánxel Fole con Imaxes roubadas
Desde Nós Diario:
“A obra Imaxes roubadas, da viguesa María Dolores Araújo, foi a escollida polo xurado do XXIII Certame de Narración Curta Ánxel Fole, que anualmente organiza o Concello de Lugo xunto coa colaboración de Edicións Xerais de Galiza. A gañadora recibirá un premio de 4.000 euros e a obra será publicada por Xerais.
A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presidiu a xuntanza do xurado, que contou con Antía Yañez, Rocío Leira e María Xosefa Senín.
A obra Imaxes roubadas destacou sobre as demais, a xuízo das integrantes do xurado, porque “nos descobre un mundo literario paralelo ao artístico. Preséntanos vinte e nove historias ateigadas de sensibilidade e tenrura, cunha linguaxe suxestiva que axuda a organizar o relato, que flúe e en ocasións remata de xeito sorprendente. A diversidade está presente nos seus temas: a soidade, a incomprensión, a sororidade, o amor, o erotismo, o rexeitamento da misoxinia, a denuncia da miseria… “
O xurado valora positivamente que de once obras de arte do século XX, seis estean realizadas por mulleres, sen esquecer o protagonismo feminino na maioría de relatos. Ademais, a presenza da arte galega é salientábel.”
Bases do XXIII Certame de narración curta Ánxel Fole
Rocío Leira gaña o XXII certame de Narración Curta Ánxel Fole
Desde Nós Diario:
“A Concellaría de Cultura de Lugo, a través da concelleira, Maite Ferreiro, deu a coñecer o resultado da XXII edición do Certame de Narración Curta Ánxel Fole.
A gañadora é Afogada, de Rocío Leira, escollida polo xurado formado por Ánxela Gracián, Manuel Bragado Rodríguez e Xosé Antonio Neira Cruz (gañador da pasada edición).
As tres destacaron “a calidade das voces narrativas presentadas e a orixinalidade e dificultade da estrutura proposta pola autora”. Xerais publicará a novela, da que quixo salientar “a súa excelencia” como obra de intriga, en canto á estrutura formal, o uso da multiperspectiva, a diversidade de tipoloxía textual e a polifonía de voces narradoras. Rocío Leira recibirá tamén un premio de 4.000 euros.”
Xosé Antonio Neira Cruz faise co XXI Premio de Narración Curta Ánxel Fole do Concello de Lugo
Desde o Concello de Lugo:
“O xurado profesional do XXI Certame de Narración Curta Ánxel Fole, posto en marcha polo Concello de Lugo, decidiu outorgar o premio deste concurso a Xosé Antonio Neira Cruz, pola obra titulada Veleno de tinta imprensa.
Os membros do xurado reuníronse baixo a presidencia, con voz e sen voto, da Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre. Estivo composto por Luz Darriba, artista multidisciplinar; Xosé Cid Cabido, gañador da edición anterior deste certame; Manuel Bragado, ensaísta, crítico e editor, e como representante de Edicións Xerais de Galicia.
A entidade local convoca cada ano este premio para novelas breves ou libros de relatos, que está dotado cun único premio de 4.000 euros, ademais da publicación da obra premiada a cargo da editorial Edicións Xerais de Galicia.”
Bases da XXI edición do Certame de Narración Curta Ánxel Fole
Xosé Cid Cabido álzase co XX Premio de Narración Curta Ánxel Fole
Desde o Concello de Lugo:
“(…) O xurado profesional do XX Certame de Narración Curta Ánxel Fole, posto en marcha polo Concello de Lugo, decidiu este venres outorgar o premio a Xosé Cid Cabido, residente en Vigo, pola obra Tres pintores.
Os membros do xurado reuníronse esta tarde no Salón de Comisións baixo a presidencia, con voz e sen voto, da Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre. Estivo composto pola filóloga, escritora e guionista Carmen Conde, o mestre, dramaturgo, poeta, narrador oral e contador de historias Lois Pérez, e o ensaísta, crítico e editor, director de Edicións Xerais de Galicia, Manuel Bragado.
A entidade local convoca cada ano este premio para novelas breves ou libros de relatos, que está dotado cun único premio de 4.000 euros, ademais da publicación da obra premiada a cargo da editorial Edicións Xerais de Galicia.”