A AELG rexeita a agresión sufrida por Eli Ríos, escritora e presidenta da Asociación Cultural Tempo Novo de Elviña

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega fai público o seu rexeitamento á agresión sufrida pola escritora e presidenta da Asociación Cultural Tempo Novo de Elviña (A Coruña), Eli Ríos.

Desde a AELG manifestamos o noso apoio e sumámonos á denuncia destes feitos violentos contra a responsabilidade exercida pola nosa compañeira na defensa do ben común e dos dereitos das persoas para exerceren a súa liberdade.