Entrevista de Sergio Casal a María Nieto en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): Vivimos os humanos en constante loita con nós mesmos?
– María Nieto (MN): Vivimos en loita con nós porque estamos deseñados así e porque a sociedade que construímos é unha sociedade extremadamente exixente e baseada en estándares absolutamente imposíbeis. Estamos nun espazo de autoexixencia enorme e non é sinxelo habitar nesta forma de vida actual.
– ND: O Corpo en loitøa trata cuestións moi delicadas relacionadas coa saúde mental. Precisamos falar máis sobre trauma, depresión e suicidio?
– MN: Totalmente. É verdade que son temas sensíbeis e non todo o mundo está preparado para falar deles. Todos temos os nosos traumas e non sempre se está preparado para asumilos ou sacalos á superficie. Agora ben, como sociedade construímos unha especie de campá na que nos metemos e que deixa fóra este tipo de cuestións por consideralas de mal gusto.
Deste modo, o que facemos é dificultar que as persoas que precisan falar para sandar teñan espazo para facelo. Está ben respectar os tempos de cada quen, pois non todo o mundo tense que achegar a determinadas cuestións de fronte se non está preparado, pero se como sociedade esquivamos determinadas cuestións, nunca vai haber ninguén preparado para falar delas. (…)”