Roteiro literario por Carballo, con Rosalía Fernández Rial, o 21 de novembro

O Roteiro literario por Carballo, guiado por Rosalía Fernández Rial, é unha iniciativa da AELG, subvencionada pola Deputación da Coruña, coa colaboración do Concello de Carballo, que pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.

– O roteiro presencial terá lugar o sábado 21 de novembro de 2026, a partir das 11:30 horas, tendo como punto de encontro inicial o cruzamento da rúa da Lagoa coa rúa Vila de Negreira en Carballo.

A asistencia como público é libre e gratuíta, non precisando inscrición previa.

A autora elaborará un texto escrito máis completo sobre o roteiro, que estará dispoñíbel na páxina web da AELG nos seguintes meses.