O sábado 3 de marzo, ás 12:00 horas, no salón de actos do Museo do Pobo Galego, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, coa colaboración de CEDRO, celebra, a novena edición da súa homenaxe Os Bos e Xenerosos, que supón un acto de estudo e recoñecemento dunha figura ou colectivo que, pola súa dilatada actividade de intervención social, contribuíse á difusión da nosa cultura.
No 2012 chegamos á súa novena edición, que se dedicou, por decisión unánime dos escritores/as Socios/as, a Francisco Carballo. Ao longo de máis de corenta anos o noso homenaxeado participou coa súa escrita e co seu activismo en dotar de contidos vertebradores á realidade social e cultural de Galicia, o que o converte nunha figura referencial para a cultura e a sociedade galega no seu conxunto.
O profesor, bebendo nas fontes documentais propias, emprendeu un camiño de investigación histórica e de renovación metodolóxica que dignificou a historiografía galega, filla do saber científico. Este labor fructificou, non só nas distintas publicacións dedicadas á historia de Galicia e a protagonistas da mesma (Alexandre Bóveda, Sarmiento), tamén na eclosión dun grupo de historiadores ao redor da editorial A Nosa Terra.
Caracterízano a humanidade, a humildade e a honestidade persoal; tamén a fidelidade aos proxectos que defende e o compromiso social. Isto fai del un referente sólido e explica a súa actividade constante e vital en campos tan variados. Así, ao pouco de establecerse definitivamente en Galicia, comprometeuse na dinamización cultural (na Asociación Cultural de Vigo) e no imprescindible pulo a medios de comunicación propios, figurando entre os fundadores e sustentadores do semanario A Nosa Terra.

Francisco Carballo súmase así á lista dos Bos e Xenerosos da AELG, conformada por Avelino Pousa Antelo, Museo do Pobo Galego, Ponte… nas ondas!, Isaac Díaz Pardo, Asociación Socio-Pedagóxica Galega, Mariví Villaverde, Concellos organizadores do Premio Blanco Amor e Francisco Fernández del Riego.
– INTERVENCIÓN de Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidente da AELG.
– LECTURA DA ACTA de concesión do Premio. Mercedes Queixas Zas, Secretaria Xeral da AELG.
– LAUDATIO pronunciada por Anselmo López Carreira.
– ENTREGA dunha placa conmemorativa ao homenaxeado.
– RESPOSTA á laudatio de Francisco Carballo.