Marta Dacosta gaña o XVI Premio de poesía Johán Carballeira

Marta Dacosta acadou o XVI Premio de poesía Johán Carballeira coa obra titulada Dun lago escuro. O xurado destacou o elaborado xogo simbólico do poemario, alicerzado nunha arquitectura esférica onde o lacunar de ameaza escura recolle un discurso fondamente parabólico, con evidentes tinturas de crítica social que van de mans dadas coas luzadas de afirmación xenérica e as reflexións a propósito de trabes temáticas como a incerteza, a caída, a soidade, o silencio, a anonimia ou a rutina esgazadora.
Formaron o xurado Armando Requeixo, Berta Dávila e Xosé Daniel Costas.” Desde o Concello de Bueu.