O sábado 15 de xuño tivo lugar a homenaxe A Escritora na súa Terra, dedicada este ano a Marica Campo. Deixamos aquí esta crónica da homenaxe (para ver a reportaxe fotográfica completa, pódese consultar esta ligazón).
A Asemblea de Socias/os da AELG aprobou por unanimidade outorgar a Letra E de 2013 a Marica Campo, quen nos levou ás terras do Incio o día 15 de xuño, nunha feita coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo, a Consellaría de Cultura e o Concello do Incio.
11.30 Praza da Casa do Concello do Incio (A Cruz do Incio)
Acto de entrega da letra E
Entrega da peza escultórica de Silverio Rivas
13.00 Campo da Festa-Souto Marica Campo (Val do Mao)
Plantación da camelia (árbore simbólica da escritora) e descubrimento do Monólito conmemorativo e da placa que atribúe o nome da homenaxeada ao Souto.
Interveñen:
14:30 Hotel-restaurante “A Veiga”, Samos (Estrada Samos-Sarria)
Xantar de Confraternidade.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de case dúas décadas como unha celebración na que a terra de orixe do homenaxeada cobra un protagonismo fundamental. É vontade da
AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular na que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor/a (unha peza escultórica asinada por un/ha recoñecido/a artista galego/a, neste caso Silverio Rivas), a plantación dunha árbore simbólica (unha camelia branca elixida pola propia autora), a colocación dun monólito conmemorativo e a atribución do nome da homenaxeada a un espazo público, neste caso ao Campo da Festa-Souto Marica Campo.