Crónica videográfica da homenaxe A Escritora na súa Terra – Letra E 2026, dedicada a Eva Veiga (IV)

A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou á súa XXXII edición, recaendo na figura da poeta Eva Veiga, de quen se destaca, dentro da súa importante traxectoria vital, a súa amplamente recoñecida obra literaria. Foi homenaxeada en Pontedeume o 13 de xuño de 2026.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do homenaxeado ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritoras/es procurando o contacto directo coa autora e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritora (unha peza escultórica), a plantación dunha árbore simbólica elixida pola propia autora, e a colocación dun monólito conmemorativo.
Esta actividade contou co apoio do Concello de Pontedeume, CEDRO, Deputación da Coruña e Xunta de Galicia.

Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe a cuarta parte dos vídeos:

– Entrega da Letra E a Eva Veiga:

– Resposta de Eva Veiga á laudatio:

Crónica videográfica da homenaxe A Escritora na súa Terra – Letra E 2026, dedicada a Eva Veiga (III)

A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou á súa XXXII edición, recaendo na figura da poeta Eva Veiga, de quen se destaca, dentro da súa importante traxectoria vital, a súa amplamente recoñecida obra literaria. Foi homenaxeada en Pontedeume o 13 de xuño de 2026.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do homenaxeado ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritoras/es procurando o contacto directo coa autora e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritora (unha peza escultórica), a plantación dunha árbore simbólica elixida pola propia autora, e a colocación dun monólito conmemorativo.
Esta actividade contou co apoio do Concello de Pontedeume, CEDRO, Deputación da Coruña e Xunta de Galicia.

Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe a terceira parte dos vídeos:

– Intervención de Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, no acto de entrega da Letra E:

– Laudatio, por Teresa Seara:

Crónica videográfica da homenaxe A Escritora na súa Terra – Letra E 2026, dedicada a Eva Veiga (II)

A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou á súa XXXII edición, recaendo na figura da poeta Eva Veiga, de quen se destaca, dentro da súa importante traxectoria vital, a súa amplamente recoñecida obra literaria. Foi homenaxeada en Pontedeume o 13 de xuño de 2026.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do homenaxeado ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritoras/es procurando o contacto directo coa autora e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritora (unha peza escultórica), a plantación dunha árbore simbólica elixida pola propia autora, e a colocación dun monólito conmemorativo.
Esta actividade contou co apoio do Concello de Pontedeume, CEDRO, Deputación da Coruña e Xunta de Galicia.

Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe a segunda parte dos vídeos:

– Plantación da árbore da autora:

– Intervención do Alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro, no acto de entrega da Letra E:

– Lectura da concesión da Letra E, por Beatriz Maceda Abeleira, vicepresidenta da AELG:

Crónica videográfica da homenaxe A Escritora na súa Terra – Letra E 2026, dedicada a Eva Veiga (I)

A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou á súa XXXII edición, recaendo na figura da poeta Eva Veiga, de quen se destaca, dentro da súa importante traxectoria vital, a súa amplamente recoñecida obra literaria. Foi homenaxeada en Pontedeume o 13 de xuño de 2026.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do homenaxeado ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritoras/es procurando o contacto directo coa autora e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritora (unha peza escultórica), a plantación dunha árbore simbólica elixida pola propia autora, e a colocación dun monólito conmemorativo.
Esta actividade contou co apoio do Concello de Pontedeume, CEDRO, Deputación da Coruña e Xunta de Galicia.

Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe a primeira parte dos vídeos, referentes á descuberta do monólito conmemorativo:

– Intervención do Alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro:

– Intervención de Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG:

– Intervención de Eva Veiga:

– Descuberta do monólito:

Eva Veiga, poeta homenaxeada pola AELG: “Ver a dor allea a través das pantallas fainos máis indiferentes a ela”

Entrevista de Manuel Xestoso a Eva Veiga en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): Recibe vostede un recoñecemento como escritora na súa propia terra, en Pontedeume. Que importancia ten que sexa precisamente aquí, o seu “paraíso da infancia”?
– Eva Veiga (EV): Hai poucos recoñecementos tan gratificantes para unha escritora como o que se recibe na propia terra. Por varias razóns: unha delas é que un sempre desexa que o queiran os seus, a súa xente. Pero, ademais, no meu caso o territorio e a paisaxe son esenciais. Este espazo forma parte do meu íntimo imaxinario e da miña aprendizaxe, pero tamén transcende o persoal para facerse simbólico na miña obra. A poesía ten esa capacidade de facer que o evidente, o que vemos, se transforme noutra forma de vida. Para min a natureza é, ante todo, coñecemento. Nela aprendes que todo se interrelaciona; que a vida é unha comunidade vexetal, animal e mineral baseada na reciprocidade e non en elementos desconectados.
– ND: A súa vocación poética revelouse aos catro anos a través dunha experiencia case máxica na escola.
– EV: Así foi. Fun á escola moi cedo, nunha desas escolas unitarias de nenas onde compartiamos espazo as nenas de catro anos con mozas de catorce. Un día, a mestra leu un poema sobre a metamorfose dun verme en bolboreta. Aquilo foi un acontecemento que me cambiou a mente e as neuronas; quedei abraiada ante o que era a poesía. Eu xa traía a oralidade de nacemento porque a miña avoa paterna recitaba Rosalía e sabía dicir os poemas, pero aquel momento reveloume unha certa ritualidade no dicir. Foi como se todo se despregarase no aire con maxia, cunha hiperrealidade onde as cores da metamorfose se producían realmente ante min.
– ND: Despois de tantas décadas dedicada á escrita, como consegue manter viva esa capacidade de asombro e esa percepción do universo como totalidade?
– EV: Para min a poesía supuxo unha muda no modo de ollar e de estar no mundo. Cando habitas o mundo dese xeito, a mirada é sempre nova porque a poesía o que fai é afinar a atención. Esa atención permite descubrir cousas novas constantemente porque a vida renóvase sen fin, e nós con ela. O marabilloso da creación é que non é algo que vén xa feito, senón que se fai no momento; é unha conversa co mundo, cos demais e cunha mesma. Eu teño unha percepción do tempo integrada, circular e non puramente cronolóxica. Sinto que cando actúo no presente fágoo co todo o pasado e mesmo co futuro. O que pasa no presente esperta o que xa pasou e faino presente de novo, pero renovado. Estamos vivos na medida en que nos transformamos: cando algo deixa de transformarse é que está morto. (…)”

A Escritora na súa Terra: Eva Veiga. Pontedeume

A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chega este ano á súa XXXII edición, recaendo na figura da poeta Eva Veiga, de quen se destaca, dentro da súa importante traxectoria vital, a súa amplamente recoñecida obra literaria. Está previsto que sexa homenaxeada en Pontedeume en xuño de 2026.

Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do homenaxeado ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritoras/es procurando o contacto directo coa autora e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.

Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritora (unha peza escultórica), a plantación dunha árbore simbólica elixida pola propia autora, e a colocación dun monólito conmemorativo.

PROGRAMA DE ACTOS

11:30 h. Descubrimento do monólito conmemorativo e plantación da árbore escollida pola autora. No Paseo Fluvial Rosalía de Castro (Pontedeume). Acceso libre para todo o público.
Intervencións de:
– Bernardo Fernández Piñeiro, Alcaldía de Pontedeume.
– Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidencia da AELG.
– Eva Veiga.

12:30 h. Acto de entrega da “Letra E”.  Casa da Cultura de Pontedeume (Avenida de Raxoi). Acceso libre para todo o público, até completar capacidade do espazo.
Intervencións de:
– Bernardo Fernández Piñeiro, Alcaldía de Pontedeume.
– Lectura da concesión da Letra E. Beatriz Maceda Abeleira, Vicepresidencia da AELG.
– Cesáreo Sánchez Iglesias, Presidencia da AELG.
– Laudatio da autora, por Teresa Seara.
– Entrega da peza escultórica, elaborada por Soledad Penalta.
– Eva Veiga. Intervención da homenaxeada. Resposta á laudatio.

14:30 h. Xantar de confraternidade posterior no Restaurante La Ría (Allón, Pontedeume).
As persoas interesadas en participar do xantar deberán anotarse previamente no correo electrónico oficina@aelg.org, indicando o seu nome, apelidos e número de teléfono, até o 2 de xuño de 2026. O prezo é de 40 euros.

Esta ligazón de Google Maps indica o camiño entre os tres lugares, incluído o restaurante.

A Escritora na súa Terra: Eva Veiga. Pontedeume, 2026

ANTERIORES MERECEDORES/AS DESTE GALARDÓN

I Edición: ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS
1995 • Boa, Taramancos

II Edición: BERNARDINO GRAÑA
1996 • Cangas do Morrazo

III Edición: MANUEL MARÍA
1997 • Outeiro de Rei

IV Edición: MARÍA XOSÉ QUEIZÁN
1998 • Vigo

V Edición: XOSÉ NEIRA VILAS
1999 • Gres, Vila de Cruces

VI Edición: UXÍO NOVONEYRA (póstumo)
2000 • Parada do Courel

VII Edición: LUZ POZO GARZA
2001 • Ribadeo

VIII Edición: XOSÉ CHAO REGO
2002 • Vilalba

IX Edición: XOSÉ FERNÁNDEZ FERREIRO
2003 • Nogueira de Ramuín

X Edición: SALVADOR GARCÍA-BODAÑO ZUNZUNEGUI
2004 • Teis, Vigo

XI Edición: PURA E DORA VÁZQUEZ
2005 • Ourense

XII Edición: MARÍA DO CARME KRUCKENBERG
2006 • Vigo

XIII Edición: MANUEL LOURENZO
2007 • O Valadouro

XIV Edición: XOSÉ VÁZQUEZ PINTOR
2008 • Melide

XV Edición: AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
2009 • Vilalba

XVI Edición: MARILAR ALEIXANDRE
2010 • Santiago de Compostela

XVII Edición: PACO MARTÍN
2011 • Lugo

XVIII Edición: XAVIER RODRÍGUEZ BAIXERAS
2012 • Ribadeo

XIX Edición: MARICA CAMPO
2013 • O Incio

XX Edición: XABIER P. DOCAMPO
2014 • Castro Ribeiras de Lea

XXI Edición: XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ CÁCCAMO
2015 • Vilaboa

XXII Edición: HELENA VILLAR JANEIRO
2016 • Rianxo

XXIII Edición: MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO
2017 • Lugo

XXIV Edición: NACHO TAIBO
2018 • Oleiros

XXV Edición: PILAR PALLARÉS
2019 • A Coruña

XXVI Edición: VÍTOR VAQUEIRO
2020 • Santiago de Compostela

XXVII Edición: CONCHA BLANCO
2021 • Cee

XXVIII Edición: XOSÉ MANUEL MARTÍNEZ OCA
2022 • Pontevedra

XXIX Edición: FINA CASALDERREY
2023 • Pontevedra

XXX Edición: EULOXIO R. RUIBAL
2024 • Santiago de Compostela

XXXI Edición: XOSÉ MANUEL BEIRAS
2025 • Santiago de Compostela

Resposta de Xosé Manuel Beiras á laudatio na Homenaxe O Escritor na súa Terra – Letra E 2025

Aquí pode lerse a resposta á laudatio por parte de Xosé Manuel Beiras, no marco da Homenaxe O Escritor na súa Terra – Letra E en Santiago de Compostela , o 14 de xuño de 2025.

Pode lerse e descargarse aquí, ou ben ser lido a continuación:

“Ilustrísima –e valente– Alcaldesa de Compostela; ilustre e digno Presidente da AELG; amigas e amigos; miñas donas e meus señores…

Imaxinade un neno de catro anos na Compostela de 1940 –“IIº Año Triunfal”, vociferan os exterminadores das liberdades republicanas que levan xusto tamén catro anos a consumaren impunemente o xenocidio da ‘Galiza mártir’. Un cativo de catro anos na Rúa do Vilar, 11, terceiro andar, a un tiro de pedra das Praterías. De portas a fóra, no amplo vestíbulo do portal que abrangue toda a fronte do edificio, grandes vitrinas cun diverso repertorio fotográfico do armamento do exército nazi alemán. De portas a dentro, na morada familiar do neno, estampas do álbum Nós de Castelao, enmarcadas e penduradas nas paredes do longo corredor que dá acceso ás diversas estancias. Por diante da casa transitan adoito, camiño da Catedral, charramangueiras peregrinacións e innúmeras procesións, presididas estas por mandos falanxistas uniformados, coñecidos ‘paseadores’ e cómplices clérigos apoloxistas da sanguiñenta ‘santa Cruzada’, e acompañadas, como rabo militar, pola ‘tropa’ que, pouco despois, retornará aos cuarteis desfilando pola mesma rúa e flanqueada por algúns transeúntes pampos que saúdan brazo en alto.

Na morada, se é domingo e non soalleiro, os pais, co neno e dous irmáns menores máis, xúntanse na estancia que ocupa a fronte do andar: a nai toca o piano, o pai lelles poemas galegos, ou xuntos interprétanlles romances populares do repertorio da Polifónica de Pontevedra recollidos e harmonizados polo Padre Luís. E así seguirá a ser nos anos seguintes, nos que os dous picariños irán medrados e inda virán daquela dous fillos máis, até o traslado da familia a outra morada noutro barrio da cidade, cando aquel neno de catro anos xa terá cumpridos once.

…………………………

Ese neno fun eu. Un neno privilexiado, abofé. Toda a miña infancia decorreu na percepción e vivencia dun rudo e antitético contraste entre o inframundo da inmunda irracionalidade, ou sexa, a barbarie do nazional-catolicismo fascista no período máis brutal do rexime franquista, que imperaba fóra do fogar, e o ambiente ideolóxico e cultural republicanos da Xeración Nós e o Partido Galeguista, que sobrevivía vizoso, malia aturar un infame ‘estado de sitio’, no ámbito familiar e das solidarias amizades auténticas.

Aos catro anos aprendeume a ler e escribir María Luísa, unha mestra amiga dos meus pais, muller aínda nova que vivía nas Campanas de San Xoán, ao pé da Troia, e viña darme as leicións á nosa casa. Ao que souben ler de corrido, meu pai comezou, paseniñamente, a darme a coñecer episodios da nosa Historia, anterga ou recente, e mais obras dos nosos escritores do Rexurdimento –sobre todo Rosalía e Pondal– e da ‘Xeración Nós’. De xeito que cáseque simultaneamente aprendín a ler –non así a escribir– en galego e español. E aos cinco anos encetaría o estudo do solfexo, sesións de meia hora en días alternos, cunha humilde profesora, mais extraordinaria pedagoga, que moraba na Porta da Pena, xusto en fronte da casa da nosa avoa Carme: dona Amadora Martínez Sieiro, muller xa daquela entrada en anos, dotada dunha excepcional sensibilidade musical, con quen a seguida cursei os estudos de piano, examinándome cada ano no Conservatorio elemental criado pola compostelá Sociedad Económica de Amigos del País, sen interrupción até o sexto curso aos meus doce anos.

O mesmo fixeron os meus pais cos meus catro irmaus e irmás seguintes, os nados até 1945, a medida que iamos medrando, ao longo de todo ese decenio, primeiro na Rúa do Vilar e máis logo na Rosaleda. A cultura galega escrita, as referencias á nosa Historia propia e os seus protagonistas, e mais a música, foron os nutrientes primordiais da nosa formación naquela ‘escola familiar dos domingos’: pois era ese día de cada semana, o único de lecer do noso pai, o que pasabamos xuntos na casa –se o tempo non era bo para irmos ‘de excursión’ pola redonda de Compostela. Miña nai ao piano, axiña ás veces eu con ela a catro mans, todos a cantar arredor dela cancións populares das culturas peninsulares, ou meu pai a aprendernos a cada pouco máis poemas de noso ou até algúns lances de obras teatrais do tempo das Irmandades da Fala que despois recitabamos nas xuntanzas festeiras do ‘clan Beiras-García’. Porque había un compoñente clánico na cultura desa nosa familia, que tiña dúas datas señeiras: o Carme, pola nosa avoa paterna, e o San Manuel, polo noso pai, primoxénito da rolada dos fillos e fillas dela e do avó Hixinio, o músico que tivera que coller representacións comerciais para soster a familia. Nunca esquencerei aqueles intres das tardiñas do San Manuel en que o tío Tucho, Antón Beiras, aínda na Rúa do Vilar durante a Guerra Mundial, erguíase no medio do rebumbio, pechaba as contras das fiestras abalconadas, e entoaba o Himno Galego, que seguiamos todos, e as primeiras estrofas da Marsellesa –que só algúns sabían, madia leva.

Alén dese ‘clan familiar’, na contorna máis fraternalmente achegada dos meus pais, estaban os superviventes ‘galeguistas’ da República, os que se libraran da morte e do desterro, mais confinados nun abafante exilio interior, a xeito de campo de concentración virtual. Máis ca amigos, ‘irmáns’. Os nomes, a fisionomía e até nalgúns casos as voces de moitos deles están impresos a lume na miña memoria infantil máis remota: dende ‘don Ramón de Trasalba’ até Fermín Bouza Brey, de Paco del Riego a Fermín Penzol, de Carvalho Calero a Paz Andrade, de don Xesús Carro ao ‘Padre Seixas’, de Cabanillas a Gallástegui, de Xaime Illa a Gómez Román, de Xohán Ledo aos Álvarez Blázquez –e así seguido. Os outros, os mortos e os desterrados, estaban adoito presentes, como santa compaña profana, nas lembranzas feridas e as conversas deles todos. E moi axiña, des que se reanuden as ‘Misas de Rosalía’ en Bonaval, alí acudirán cada ‘Día de Galicia’, como tamén nós dende ben cativos cos nosos pais.

Mais, alén desa súa presenza persoal na miña xeira infantil, no decurso do tempo vou paseniño descubrindo que os nomes de moitos deles figuran impresos nos libros, folletos e revistas da espléndida biblioteca galega do meu pai –maiormente nos da editorial ‘Nós’ de Ánxel Casal. Biblioteca absolutamente insólita na súa contorna social, simples apoderado como el era dun almacén de paquetería compostelán, sen estudos universitarios nin profesión liberal. Así que me vou decatando de que aqueles personaxes singulares, que conversan encol de temas fóra do común, que sempre se expresan entre eles e connosco en idioma galego, non só son amigos fraternos do meu pai, non só foran como el mesmo membros do Partido Galeguista da República, senón que os seus nomes figuran como autores en obras da súa biblioteca. E aquel neno curioso que son eu, ao que vai medrando en anos e conciencia, alén das suxestións paternas comeza a lelos en letra impresa por iniciativa propia. Ese proceso vai ser crucial para a xestación do meu galego escrito.

Entremedias desa xeira, vou ser beneficiario dun acontecemento decisivo para a configuración da miña personalidade humana, do meu sistema de valores e da miña máis basilar cosmovisión. En 1943, cando teño sete anos, meu pai vaise pór de acordo cun reducido fato de coñecidos seus de talante liberal para darlles ensino primario aos seus fillos varóns sen teren que pasar pola escola pública fascista nin polos colexios de curas. Contratan un mestre republicano represaliado, que estivera a piques de ser ‘paseado’ no trinta e seis e fora expulsado do maxisterio, para que ensine a eses raparigos e os prepare para faceren no seu día o ingreso no bacharelato: é Xesús Pereira Vilariño, ‘o meu mestre Pereira’. Con el e a escasa ducia inicial de escolinos seus vai prender o xérmolo da axiña famosa Preceptoría –un daquela inverosímil, mais porén plenamente logrado, ensaio de maxisterio co modelo da ‘Institución Libre de Enseñanza’ nos ermos do período máis totalitario do rexime franquista. O que aprendín daquela, alén dos contidos en saberes, foi primordialmente en que consiste a maiéutica socrática como método de ensino e formación dos seres humanos de calisquer latitudes –só que en clave da idiosincrasia e no contexto da natureza e a cultura do povo galego. Cando, decenios máis tarde, o estudantado da nosa universidade sorprendíase pola maneira en que o profesor Beiras practicaba a docencia, eu non esquencía nunca que, in nuce, eu só tentaba imitar a maiéutica que aprendera cando neno do meu mestre Pereira. Tamén niso fora eu un neno privilexiado.

De xeito que a natureza, o idioma e a cultura da Galiza, a música, a maiéutica socrática de don Xesús, os idearios galeguista e republicano e, nas convivencias estivais, a súa versión máis rotundamente nacionalista e de esquerdas do meu tío Antón Beiras, van modelar a personalidade e a cosmovisión do adolescente de dezaseis anos que son eu cando ingreso na Universidade compostelán. Aí voume integrar no primeiro núcleo de mociños que celebraremos xuntanzas de auto-formación e actividades ideolóxico-culturais dende os primeiros anos cincuenta, con Moncho Lugrís como senior e na contorna da famosa ‘mesa-camilla’ de Ramón Piñeiro. Somos os novos, para os de Galaxia, e os rapaces, para ‘os vellos’ de Nós e do SEG –e primordialmente para o patriarca Otero Pedraio, daquela por fin na cátedra de Xeografía da Universidade. O núcleo desa mocidade van ser escritores precoces, en narrativa e poesía; colaborarán no xornal La Noche –o seu director, Borobó, vainos identificar con ese apelativo como xeración– e faranse con todos os premios das famosas Festas Minervais. Precoces: Mourullo, Xoana Torres, Ferrín, Franco Grande, por caso, serán aínda teen-agers cando verán editadas a súas obras primeirizas, en Monterrey ou en Galaxia, e son os pioneiros da chamada ‘nova narrativa galega’.

Mais eu non. Daquela considero que, a diferenza deles, eu non teño habelencia, imaxinación nin talento abondo para criar poesía nin literatura de ficción. Eu só escribo sobre música e fago as crónicas dos magníficos concertos promovidos no entón pola Asociación Filarmónica de Compostela. Esa miña convicción vai perdurar ulteriormente no meu caletre, mesmo após que aborde os xéneros do ensaio e a tradución. Teimudamente, cando me interpelaban, sempre contestei que eu non era escritor. Disque, non hai inda moitos anos, o meu entrañábel camarada Ferrín, ao que alguén lle comentou esa teima miña, exclamou: “Pois se o Beiras non é escritor, que raio é?”. Il saberá. E tamén vós, amábeis membros e responsábeis da AELG que hoxe me honrades.

No entanto, recentemente licenciado con vinte e un anos, a miña temperá saída alén Pireneos cunha xenerosa axuda dos de Galaxia, a miña fecunda estadía no París dos convulsos finais da IVª República, os meus primeiros contactos co rexurdir emancipador da Bretaña, e as miñas primeiras viaxes a Londres, onde xa reside Moncho Lugrís e traballa na BBC, esa asombrosa experiencia iniciática para un rapaz coma min que non saíra da Galiza, vai facer pegar un chouto á miña formación e cosmovisión, á vivencia das liberdades, ao meu proxecto de vida e traballo –e correlativamente á cristalización do xeito de eu exercer o compromiso coa realidade material e cultural do meu pobo que agromara, difusamente, na miña adolescencia. E sobre todo, no que aquí importa, vai mudar en activa a miña anterior actitude evasiva en relación coa escrita literaria. Só que non en narrativa ou poesía, senón no ensaio e na tradución.

Ensaio maiormente no ámbito das ciencias sociais, no que decidirei construír sistematicamente a miña formación epistemolóxica e a miña esculca científica, con Galiza como centro de gravidade, á par que enceto unha aventurada carreira docente. Xa na primeira estadía en París, o detonante fórano, na Facultade de Dereito e Economía, os cursos de Sistemas Económicos de André Marchal e os de Cooperativismo de Georges Lasserre, coas miñas primeiras esculcas e escritos, nesta temática, para a recén fundada Revista de Economía de Galicia –metérame ese verme no caletre don Cruz Gallástegui na súa morada na Troia compostelá, conforme á tradición do Partido Galeguista. Da andaina ulterior non vou falarvos: évos abondo coñecida.

No tocante á tradución, a cousa é diferente. En París seguira cursos de lingua e literatura francesa na Sorbona. Mais, alén diso, practicara ao meu xeito a ‘inmersión lingüística’: o francés polos catro costados, non só nos cursos e as conversas, na leitura –mercaba baratos os libros nos famosos bouquinistes–, frecuentaba o cinema e as magníficas cinematecas, os pequenos teatros do ‘barrio latino’ e máis o do Palais Chaillot, sede do famoso TNP (Theâtre National Populaire) a vangardista compañía estatal de Jean Vilar, onde vería actuar a María Casares en interpretacións fabulosas. Niso todo gastaba os cartos que aforraba na mantenza: estaba fraco coma un aramio.

Era a descuberta do universo fascinante da literatura francesa –como o sería máis logo da inglesa, só que en menor medida. E algo importante: a descuberta así mesmo da proximidade e o soterrado parentesco histórico entre o francés e o galego, no léxico e na sintaxe. En suma: voltei convencido de que cumpría contribuír a trasladar pezas contemporáneas desa literatura ao noso idioma. Coñecía dende a adolescencia o labor dos nosos devanceiros de Nós, o Seminario e o Partido Galeguista, primordialmente o do Plácido Castro tradutor dos folk-dramas de Yeats. Abraiárame daquela que Otero traducise na revista Nós un fragmento do Ulises de Joyce da edición parisiense de só 2.000 exemplares da ‘Shakespeare and Company’, cando aínda non fora traducido ao francés por Valéry Larbaud, ou a parábola Dedalus en Compostela do Risco.

Así que, moi axiña dende o meu retorno, no verán do 1959, abordei con Franco Grande e Moncho Silva a tradución da Antígona de Anouilh –que sería posta en escena por Rodolfo López Veiga e posteriormente publicada en Grial. A escolla era intencionada: tratábase dunha das recreacións por dramaturgos franceses de mitos gregos clásicos sobre o destino e a confrontación coa fatalidade, de defensa dos valores cardinais do ser humano, no contexto do apoxeo do nazismo e a ocupación: neste caso, a rebelde desobediencia fronte á tiranía –Antígona víñame ser a metáfora da Galiza rebelde fronte ao fascismo franquista. E por ese mesmo vieiro iría a escolla de parte das posteriores, dende Non haberá Guerra de Troia de Giraudoux até As moscas de Sartre: a traxedia do meu pobo latexa en todas elas.

En rigor, eu non son nin fun nunca un tradutor. Só fixen traducións, algunhas poucas, de pezas literarias francesas que, por razóns xa expostas, sentín a necesidade de incorporar ao campo literario galego e capacitado para facelo con dignidade estética. Porque só cando iso me parecía factíbel abordei a súa tradución. Por caso, traducín Os xustos e Calígula de Camus, mais cando fixen a proba con Le malentendu, axiña desistín –ía ser un horror.

A razón está mesmamente na maneira en que eu entendo o problema da tradución como xénero literario, e non como oficio. Se aínda me aturades un tempiño máis, explicareime. Escribín nunha ocasión: “traducir é trasladar, é construír unha ponte entre dous idiomas e levar por riba dela o texto dunha beira á outra do río que os separa. Mais a ponte non é o texto, e transportar ese texto dun idioma a outro require ter en conta que as naturezas dunha e da outra beira teñen identidades e estruturas ben diferentes, porque os diferentes idiomas constitúen formas diferentes de expresaren diferentes maneiras de pensar, imaxinar e sentir a relación dos seres humanos consigo mesmos e co mundo exterior a eles, que inclúe os demais seres. Cada idioma ten cadanseu ‘xenio’. A tradución ten que comprender os dous, o de procedencia e o de destino, e encaixalos, sintonizalos o mellor posíbel, mais nunca se poderá acadar a identidade entre os dous: eis, ao meu ver, profano el, o primordial problema ao que se enfronta o tradutor.”

“Na maneira en que entendo o meu labor, teño que partir da máxima fidelidade ao autor francés –ao seu idioma e á súa escrita– para acadar logo a máxima sintonía co universo idiomático do lector galego, ou sexa, dito rusticamente, pasar de pensar en francés a pensar en galego. E velaí o difícil equilibrio que, no caso de o perder, converte o ‘traduttore’ en ‘traditore’. Porque, nas pasaxes nas que resulta máis difícil sintonizar, é dicir, achar a máis simétrica equivalencia entre as expresións nunha e na outra lingua, tes que optar no dilema entre a máxima fidelidade ao autor francés e o máximo axuste ao ‘xenio’, á singularidade do idioma do lector galego –o que neses casos resulta ser un desiderátum inacadábel. Neses transos, eu opto pola máis doada descodificación do texto para o lector no seu idioma propio.”

…………………….

Van alá oito decenios dende a xa remota infancia de aquel neno da Rúa do Vilar. O neno privilexiado que co tempo mudou neste vello señorito da Reboraina de Aguiar que vos fala. Con el mudou tamén o mundo e o país, madia leva. Mais, como escribira Castelao no abrente do seu álbum Nós, revestido coa coroza labrega, “as vellas inxustizas seguen en pé”. Cando eu neno, a barbarie totalitaria fascista andaba a destruír a natureza material da nación galega, mais tamén a tentar matarlle a alma: o idioma e a cultura xenuínos. Agora viraron formalmente as tornas, hai institucións autonómicas, mais os seus ocupantes utilízanas para todo o contrario do que ordena o Estatuto. Recrúa o espolio colonial dos seus recursos, a explotación das súas clases traballadoras, o desmonte dos seus servizos públicos gratuítos, a desapiadada e mortífera agresión aos seus ecosistemas. E se daquela o acoso ao idioma e á cultura de noso acometíase brutalmente sen disimulo, hoxe faise de xeito máis perverso, renarte e hipócrita, mesmo co disfrace da lei –que, por certo, “canto pesa e como fede”. O idioma galego, que o Estatuto define como “idioma propio de Galicia”, é tratado polo poder como máis estranxeiro ca o inglés.

O texto pondalián do noso himno nacional, consagrado oficialmente como símbolo, identifica os inimigos da nosa patria. Ben sabedes: “só os ignorantes, e férridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden”. Pois mesmamente son ises os que arestora ocupan o poder na autonomía galega: ‘o mundo patas arriba’, que diría Galeano. Os impostores perxuros e prevaricadores consagrados á sórdida angueira de consumaren a extinción do noso pobo.

Mais non o conseguirán. O país está moi vivo por abaixo, a cidadanía desalienada combate en tódalas frontes, e o día chegará en que unha grande rebelión cívica expulsaraos do poder e sepultaraos no inferno do esquecemento. Galiza renacerá de novo, e os nosos netos levarán a cabo aquilo que soñaron e polo que loitaron os nosos devanceiros… e nós mesmos tamén.

E para empezar: ALTRI NON!.

Dixen.

Xosé Manuel Beiras
Centro Galego de Arte Contemporánea
Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2025“

Crónica fotográfica da homenaxe O Escritor na súa Terra – Letra E 2025, dedicada a Xosé Manuel Beiras

A Homenaxe O Escritor na súa Terra: Xosé Manuel Beiras. Compostela, 2025, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), co apoio do Concello de Santiago de Compostela, Deputación da Coruña, CEDRO e Xunta de Galicia, chegou este ano á súa XXXI edición, recaendo na figura de Xosé Manuel Beiras, de quen se destaca, dentro da súa extensa traxectoria vital, a súa faceta como ensaísta e tradutor, así como a súa xenerosa colaboración coa AELG, sendo parte do Consello Directivo da Asociación entre 1982 e 1986. A homenaxe tivo lugar en Santiago de Compostela o sábado 14 de xuño de 2025.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do homenaxeado ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritoras/es procurando o contacto directo co autor e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor (unha peza escultórica), a plantación dunha árbore simbólica elixida polo propio autor, un teixo, e a colocación dun monólito conmemorativo.
Esta actividade conta co apoio do Concello de Santiago de Compostela, CEDRO, Deputación da Coruña e Xunta de Galicia.

Aquí pode verse a crónica fotográfica, da que publicamos a continuación unha pequena escolma: