O sábado 19 e domingo 20 de xullo finaliza a Feira do Libro de Ribadeo (no Parque de San Francisco), con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados para eses días:
Sábado 19
– 13:00 h. Presentación de Caderno de viaxe. A Mariña, con Luz Pozo e Eduardo Baamonde.
– 18:30 h. Presentación do álbum ilustrado 3, 2, 1…, de Pepablo Patiño e Dani Padrón, publicado por Edicións Embora.
– 19:30 h. Presentación do libro disco Brinca vai!, de Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor, publicado por Kalandraka.
– 20:00 h. O escritor Henrique Dacosta asinará exemplares do seu libro Entrada ao xardín do saber, na caseta da Libraría Cartabón.
Domingo 20
– 19:30 h. Presentación do libro Salseiros, do escritor e actor Suso Lista, publicado por Edicións Embora.
– 20:30 h. Presentación do relato O monxe voador, de Farruco Graña, pertencente á obra colectiva Follas de Carballo, publicada pola A. C. Lumieira.
– 21:00 h. O Grupo de Teatro da Asociación Cultural Francisco Lanza representará a obra O cego, de Daniel Cortezón.