Bos Aires: Na diáspora tamén Queremos Galego, videoconferencia con Henrique Monteagudo

OHenrique-Monteagudo3-150x150 sábado 28 de febreiro, ás 18:00 horas, na Biblioteca Galega de Bos Aires “Antonio Pérez-Prado”, ubicada no primeiro andar de Chacabuco 955, do barrio de San Telmo, a Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina convida á comunidade a participar nunha videoconferencia co secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, con quen se analizará a problemática que existe hoxe co ensino do galego.
Desta convocatoria, denominada “Na diáspora tamén QUEREMOS GALEGO!”, participan os distintos grupos de idioma da colectividade que habitualmente dedican o seu labor a difundir as bondades da lingua. Ademais das autoridades da Federación, estarán os representantes de Lectores Galegos en Bos Aires, Herbas de Prata e O Terzo da Fala, entre outras organizacións que defenden a lingua galega e que expresaron a súa solidariedade coa masiva marcha que se realizou o pasado 8 de febreiro en Santiago de Compostela.”