A Asociación Galega de Editoras participa en Valencia no Encontro Galeusca

AlogoAGE1 Asociación Galega de Editoras estará presente na vindeira edición do encontro bianual Galeusca que terá lugar na Aula Capitular do Centre del Carme, Valencia. Esta cita, que se celebrará o xoves e venres, días 16 e 17 de xuño, reunirá a editores vascos, cataláns, valenciáns e galegos entorno a cinco sesións de traballo nas que se abordarán distintos aspectos relacionados co mundo do libro e a lectura.
Henrique Alvarellos, de Alvarellos Editora, será o encargado de afondar nos casos de acertos e fracaso na colaboración entre editoriais. Pola súa banda, Francisco Castro, da Editorial Galaxia, falará sobre promoción da lectura na segunda e derradeira xornada. Completará a representación galega no Galeusca Xosé Ballesteros, Presidente da AGE. Xuntos redactarán e aprobarán as conclusións dunhas xornadas nas que tamén se abordarán outros temas como o préstamo dixital bibliotecario ou as entidades de xestión de dereitos.