A X Xornada de Literatura de Tradición Oral. Palabras con memoria: topónimos, ditos, frases, nomes… con historia, é unha actividade da AELG, co apoio da Deputación Provincial de Lugo e a colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega.
Para recuperar e actualizar esa memoria, nesta décima edición da Xornada de Literatura de Tradición Oral –da man de coñecidas/os especialistas en toponimia, onomástica, lexicografía ou fraseoloxía–, decidimos evocar a memoria das palabras que, tanto se as usamos coma se non, aínda están impresas no noso mapa emocional. Porque unha parte decisiva da nosa persoal e particular historia está rexistrada na alma das palabras.
Con esta iniciativa da súa Sección de Literatura de Tradición Oral, a Asociación quere dar continuidade a unha colaboración coa Deputación de Lugo que pretende darlle a importancia que merece a esta parte fundamental da literatura e que axuda a converter a capital lucense nun referente neste ámbito. A xornada tivo lugar o sábado 21 de outubro de 2017 no Salón de Actos da Deputación de Lugo.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe estes vídeos:
– Inauguración. Álvaro Santos Ramos, deputado:
– Inauguración. Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG:
– Presentación da conferencia de Xulia Marqués Valea, por Antonio Reigosa:
– Conferencia: Os sinais de identidade na tradición oral: breve achegamento dende o sistema antroponímico galego, por Xulia Marqués Valea:
– Presentación da conferencia de Isidro Novo, por Antonio Reigosa:
– Conferencia: Orfanato para ágrafas: Palabras ao ventimperio, por Isidro Novo:
– Mesa redonda: Saber o seu nome sen perder a súa voz, con Xulia Marqués Valea e Isidro Novo: