Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Xosé Benito Reza é enxeñeiro de montes, foi director xeral de protección da natureza e leva traballado e escrito moito sobre a conservación do noso patrimonio verde. Pero ademais Reza é de Celanova e hai pouco publicou a súa primeira novela: Terradentro, coa que gañou o premio Losada Diéguez. Transcorre nos anos 50 e conta tres historias sobre a infancia, e nas que tamén se reflexiona sobre a complexidade do presente. A entrevista pode verse aquí.”